17 de xuño de 2020

Proposta de resolución provisional Xunta Directiva GALP Golfo Ártabro Norte. 1ª fase adxudicación axudas CONVOCATORIA 2020

A Xunta Directiva do GALP Golfo Ártabro Norte en reunión celebrada o 16 de xuño de 2020 en Miño, seleccionou provisionalmente os proxectos que considerou  prioritarios para a execución da súa Estratexia de Desenvolvemento Local Participativo na 1ª fase de adxudicación de axudas da Convocatoria 2020, de conformidade cos criterios establecidos nesta, e no estipulado na “Orde de Axudas do 21 de decembro de 2018 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de axudas para proxectos ao abeiro das Estratexias de desenvolvemento local participativo (EDLP), aprobadas para os grupos de acción local do sector pesqueiro para o desenvolvemento sustentable das zonas de pesca no marco do Fondo Europeo Marítimo e de Pesca 2014-2020, e se convocan as correspondentes ao ano 2019”.
Preme nos seguintes enlaces para ver as resolucións provisionais:
Esta proposta de resolución provisional de Xunta Directiva para proxectos produtivos e non produtivos da Convocatoria 2020, non crea ningún dereito a favor do solicitante proposto, estando suxeita á dispoñibilidade orzamentaria de crédito para proxectos produtivos e non produtivos para esta 1ª fase de adxudicación de axudas da convocatoria 2020.

Outórgase un prazo de alegacións de 5 días hábiles contados dende a data da súa publicación no taboleiro de anuncios do GALP Golfo Ártabro Norte, que será o día 17 de xuño de 2020.
La imagen puede contener: 12 personas, texto que dice "Xunta Directiva GALP Golfo Ártabro Norte ECONOMICAS ARAPROXECTO PESCAMOS IDEAS Su Reunión hoxe martes día 16 ás 18:30 horas para a aprobación provisional de proxectos Convocatoria 2020 pola Xunta Directiva. 44 Iniciativas presentadas neste GALP 32 PRODUTIVAS 12 NON PRODUTIVAS"

Ningún comentario:

Publicar un comentario