10 de maio de 2020

Entrevistamos a testemuñas directas vinculadas co sector pesqueiro e marisqueiro deste ámbito territorial

#QuedaCoNosoMar

 #QuedaConNuestroMar

O Patrón maior da Confraría de Pescadores de Mugardos, Omar Enrique Lucci Muñoa, aínda que tamén é o noso Secretario, respondeu ás nosas preguntas en calidade de Patrón maior da Confraría de Mugardos. Grazas!! Omar




A Confraría de Pescadores de Mugardos, ten dous sectores productivos, a pesca de baixura (7 embarcacións) e o marisqueo a pé (65 permisos de explotación). O marisqueo é a actividade principal da confraía en canto a volumen de produción e ingresos.

MARISQUEO: Ameixa fina, Ameixa xapónica, Ameixa babosa, Berberecho, Navalla, Bicuda e  Ostra plana.

Contacto: Tlfno. 981 472 227 / cofradia@cofradiamugardos.org

Segue o día a día desta Confraría na súa páxina de FACEBOOK

Igual que sucede noutras actividades, a crise provocada polo Covid-19 é complicada para o sector. Como afronta esta situación? Que pode facer a cidadanía para axudar ao sector do mar?

A Confraría de Mugardos ten dous sectores productivos, a pesca de baixura (7 embarcacións) e o marisqueo a pé (65 permisos de explotación). O marisqueo é a actividade principal da confraía en canto a volumen de produción e ingresos.

Nesta crise a pesca de baixura segue a traballar como o viña facendo antes da pandemia, coas limitacións de seguridade esixidas que supoñen cambios nas condicóns de traballo nas embarcación e nos puntos de venda. O marisqueo a pé vese obrigado a acollerse ao cesamento da actividade como consecuencia da caída total da demanda das especies comercializadas.

O consumo regular periódico de peixe e marisco a nivel familiar sería unha forma de axudar ao sector, xa que os clientes principais, hostalería e turismo, están actualmente inactivos.

Cal considera que é a importancia do sector do mar e, mais concretamente, da súa actividade, para a sociedade e a economía de Galicia?

Importancia a nivel medioambiental.
Dende hai anos os recursos pesqueiros en Galiza se xestionan mediante plans de xestión. Estes plans van máis aló da pesca e extración de especies de peixes e mariscos e a súa comercialización. E se nutren de datos obtidos do medio natural para compatibilizar a actividade pesqueira co coidado ambiental. A obtención destes datos require dunha presenxza e observación continua do medio mariño influindo de manera determinate no seu control e coidado.
O control continuo do medio permite detectar e correxir situacións negativas as que se enfrontan os ecosistemas na actualidade, favorendo neste aspecto a conservación da biodiversidade e dos habitats. En xeral o sector do mar aportalle a sociedade a conservación do patrimonio natural mariño.

Importancia na saude.
Os controis sanitarios esixidos pola lexislación vixente para garantir a comercialización dos productos do mar funcionan tamén como indicadores para a deteción de posibles problemas sanitarios axenos ao medio marino.

Importancia no abastecemento de alimentos de alto valor nutritivo e saludables á sociedade.

Importancia económica.
O sector do mar é unha importante fonte de xeración de emprego e riqueza na comunidade autónoma.


Canto emprego e volume de facturación xera o sector do mar na zona?

Os datos que se expoñen a continuación son os relativos a Confraría de Mugardos.
O dato do emprego é emprego directo e a facturación estimouse mediante a media dos últimos cinco anos das especies comercializadas na lonxa.
Emprego: 83 persoas, socios da entidade e personal contratado. Facturación (2015-2019) : 356.898 €

Que características propias da súa actividade fan que sexa esencial para a sociedade?

Quizais a principal caracteristica da actividade pesqueira e marisqueira sexa o coñecemento necesario tanto das zonas de pesca como da vida das especies para poder capturalas e que cheguen as lonxas e aos consumidores finais. Este coñecemento tarda tempo en adquirirse por tratarse dun medio moi dinámico e cambiante e require dunha presenza continua no mar.


Por que cre que é vital consumir produtos do mar?

Os productos do mar aportan unha serie de beneficios aos seres humanos que os diferencian doutros alimentos.

En xeral son de baixo o moderado valor calórico, as proteinas presentes nestes alimentos cosidéranse de alto valor biolóxico xa que conteñen todos os aminoácidos que o organismo necesita nas proporcións axeitadas.

A grasa do peixe é rica en ácidos grasos poliinsaturados e esenciales (omega-3).
Aporta vitaminas dos grupos A, B, D e E e minerales coma iodo, fósforo, clacio e selenio.

Os mariscos xeralmente baixos en calorías son ricos en proteínas e minerales e ademáis dos xa citados aportan tamén ferro, cinc e potasio.

Ademáis son sabrosos e de fácil mastigación e dixestión.Todas estas características faios alimentos moi saudables.





Ningún comentario:

Publicar un comentario