17 de agosto de 2021

Publicada hoxe no DOG a nova Orde de axudas para solicitar axudas ao Programa FEMP no 2021

 

Hoxe, martes 17 de agosto saíu publicado no DOG a ORDE de 3 de agosto de 2021 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de axudas para proxectos ao abeiro das estratexias de desenvolvemento local participativo (EDLP), aprobadas aos grupos de acción local do sector pesqueiro para o desenvolvemento sustentable das zonas de pesca no marco do Fondo Europeo Marítimo e de Pesca 2014-2020.

Os proxectos que se presenten poderán ser para investimentos produtivos ou para investimentos non produtivos.

O prazo de presentación de solicitudes será dun (1) mes contado desde o día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.

Entenderase como último día do prazo o correspondente ao mesmo ordinal do día da publicación. Se o último día de prazo fose inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte, e se no mes de vencemento non houber día equivalente ao inicial do cómputo, entenderase que o prazo remata o último día do mes.

 Consulta o DOG completo no seguinte enlace:  PREME AQUÍ

Animámosvos a todos e todas os que teñades idea de poñer en marcha un proxecto produtivo ou non produtivo no ámbito territorial do GALP Golfo Ártabro Norte a participar nesta convocatoria de axudas. Pódese ver nos seguintes enlaces, os trámites e documentación necesaria para solicitude:

 Proxectos PRODUTIVOS

 Proxectos NON PRODUTIVOS

Para máis información, podedes contactar co equipo técnico do GALP Golfo Ártabro Norte a través dos teléfonos 636 736 788 e 981 784 417 (María Antonia Fernández, Xerente).

Tamén estamos a vosa disposición na oficina sita na Casa do Pescador en Miño (Rúa Curro, nº 33 - 15630 Miño), para atención presencial de luns a venres.


 

 

9 de agosto de 2021

Proxectos aprobados Convocatoria marzo 2021 Golfo Ártabro Norte

 

📢📢📢 Atención📢📢 A Consellería do Mar ten previsto habilitar unha nova #convocatoria de axudas do #FEMP 2014-2020 neste ano 2021
Animámosvos a todos e todas os que teñades idea de poñer en marcha un proxecto produtivo ou non produtivo no ámbito territorial do GALP Golfo Ártabro Norte a participar nesta nova convocatoria de axudas e para que vaiades preparando a documentación......
Para máis información, podedes contactar co equipo técnico do GALP Golfo Ártabro Norte a través dos teléfonos 636 736 788 e 981 784 417 ou escribindo ao correo electrónico galp.mar.golfoartabronorte@xunta.gal
Tamén estamos a vosa disposición na oficina sita na Casa do Pescador en Miño (Rúa Curro, nº 33 - 15630 Miño), para atención presencial de luns a venres.
Seguiremos informando, segundo a Consellería do Mar nos vaia trasladando máis información ao respecto desta nova convocatoria de axudas.
 
 
 

 
 
 
 

21 de xullo de 2021

ABANCA e os GALP de Galicia estreitan a súa colaboración para facilitar o crédito e impulsar a sostibilidade do sector

 O banco redobra os esforzos para axustar o seu catálogo ás demandas do colectivo

A atención especializada e os produtos a medida, claves na proposta de valor que ABANCA ofrece ao colectivo a través da súa unidade ABANCA Mar

ABANCA e os Grupos de Acción Local do sector Pesqueiro (GALP) de Galicia dan un novo impulso ao seu traballo conxunto. A entidade financeira e os GALP, Mariña-Ortegal, Golfo Ártabro Norte, Costa da Morte, Golfo Ártabro Sur, SEO Fisterra Ría de Muros-Noia, Ría de Arousa, Ría de Pontevedra e Ría de Vigo-A Guarda escenifican a súa colaboración cun novo convenio en materia financeira que inclúe novas alternativas de crédito, servizos adaptados ás súas necesidades e unha atención especializada. Un renovado marco que permite á entidade financeira e aos grupos de acción local impulsar o desenvolvemento da pesca, o marisqueo e a acuicultura da franxa litoral de Galicia.

Ao acto celebrado vía telemática nestes días pasados, acudiron o director de ABANCA Mar, Javier Fraga, e o coordinador de ABANCA Mar en Galicia, Miguel Ríos, así como outros representantes do banco nas distintas zonas que xestionan os GALP, nun acto telématico, cos oito representantes dos GALP de Galicia, nunha mostra da aposta que mantén a entidade financeira co sector primario galego.

Por parte do GALP Golfo Ártabro Norte, asistiron o seu presidente José Manuel Fernández Lage e a xerente María Antonia Fernández Abeledo.



Esta renovación conxunta de convenios pon o acento especialmente no financiamento dos proxectos presentados a estes grupos de acción local. Os profesionais do mar pertencentes aos GALP de Galicia e os proxectos presentados a estes organismos contarán con condicións melloradas na contratación de produtos de ABANCA tanto para poñer en marcha novos proxectos, como para  promover a mellora competitiva dos actuais. 

Ofrécense algunhas opcións como pólizas de crédito, préstamos persoais, anticipos de subvencións, leasing mobiliario, avais ou liñas de desconto e anticipos de financiamento sostibles.

ABANCA tamén ofrecerá outros produtos que pretenden mellorar a sostibilidade do sector. 

O texto tamén inclúe os seguros personalizados para este colectivo. Do mesmo xeito, desde as oficinas de ABANCA facilitarase a información relativa ás opcións de financiamento a través de convenios oficias que a entidade mantén con ICO, Igape e as SGR galegas.

Os distintos GALP da franxa litoral nacen co obxectivo de colaborar na gobernanza da súa zona de actuación. Estes grupos participan activamente na construción da capacidade organizativa da zona pesqueira e serve de núcleo de converxencia e representación de entidades e axentes socioeconómicos con interese no desenvolvemento integral e equilibrado da área. ABANCA conta cun especial compromiso co sector pesqueiro, logo da creación en 2016 de ABANCA Mar, unha división específica con produtos financeiros centrados no negocio da pesca e a conserva e que conta coa experiencia dun equipo de profesionais altamente cualificados.


9 de xuño de 2021

Recoñecemento da Red Española De Grupos De Pesca ao proxecto galego de boas prácticas “Algas galegas - Tesouros do Mar”

Recoñecemento da Red Española De Grupos De Pesca ao proxecto galego de boas prácticas “Algas galegas - Tesouros do Mar” promovido pola Asociaciòn de veciños de O Val " Os Irmandiños" e que contou co apoio do GALP GOLFO ÁRTABRO NORTE a través do Programa #FEMP 2014-2020 na convocatoria 2019. 
 
Hoxe, durante la VI Sesión plenaria da Red Española de Grupos de Pesca (#REGP) celebrada de forma virtual, foi obxecto de recoñecemento o proxecto de boas prácticas "Algas galegas, tesouros do mar". 
 
Neste acto de recoñecemento participou por parte da Asociación a súa secretaria, Margarida Leirachá e por parte do GALP o seu presidente, José Manuel Fernández. Moitos Parabéns!!! á Asociación Os Irmandiños de O Val, Concello de Narón.

 


 

7 de xuño de 2021

Los Galp gallegos celebran un seminario sobre Realidad Virtual y Aumentada aplicada a los museos

La charla, que se imparte en Muros (A Coruña) el 11 de junio, estará a cargo de la empresa Xoia Extending Reality, creadora del primer museo 100% virtual en España

La actividad se enmarca en el proyecto Pasaporte REMA, financiado por el Fondo Marítimo de Pesca (FEMP) y en la que participan los Grupos de Acción Local del Sector Pesquero (GALP) Gallegos

El evento, que se puede seguir de forma online, está abierto a todo el público

El proyecto Pasaporte REMA acerca la cultura del futuro a los museos. Para ello, la fábrica de Sel en Muros (A Coruña) acoge el viernes, 11 de junio, a las 10 horas un seminario para mejorar la experiencia de los visitantes a los museos mediante el uso de la Realidad Aumentada y Virtual, entre otras tecnologías.

La charla estará a cargo de la startup gallega Xoia Extending Reality, creadora del primer museo 100% virtual en España. Su CEO, Xoel Vázquez explica que “el Museo 4.0 puede proporcionar una experiencia auténtica y personalizada; que se inicia antes de la propia visita al espacio físico”. El mapeo interior en el diseño de las salas o el uso de sensores y beacons, que son pequeños dispositivos con tecnología bluetooth que permiten la comunicación automatizada; son otros ejemplos de avances tecnológicos sobre los que hablará durante el seminario.

Los miembros de la Red de Espacios con contenido Museístico Atlántico (Red REMA), compuesta por 31 museos localizados en Galicia, Portugal y Asturias, están invitados a participar en el evento. Además, cualquier persona o institución interesada en poner en valor el patrimonio marinero atlántico europeo puede asistir al seminario.

Las personas interesadas en acudir deben realizar previamente su inscripción a través del correo electrónico: info@redrema.eu. La charla podrá seguirse también de forma virtual. Al público que no pueda acudir de forma presencial, se les facilitará el enlace para ello.

PASAPORTE REMA

Pasaporte REMA, proyecto financiado por el Fondo Marítimo de Pesca (FEMP), tiene como objetivo desarrollar una actividad turística creativa y adaptada a la nueva realidad. Para ello, el proyecto persigue la implementación de las TIC como canal para la información, aprendizaje y formación de los visitantes y para la promoción de la oferta cultural disponible en los espacios de la Red REMA.

Red REMA

Correo electrónico: info@redrema.eu

T. 630 536 428