17 de agosto de 2021

Publicada hoxe no DOG a nova Orde de axudas para solicitar axudas ao Programa FEMP no 2021

 

Hoxe, martes 17 de agosto saíu publicado no DOG a ORDE de 3 de agosto de 2021 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de axudas para proxectos ao abeiro das estratexias de desenvolvemento local participativo (EDLP), aprobadas aos grupos de acción local do sector pesqueiro para o desenvolvemento sustentable das zonas de pesca no marco do Fondo Europeo Marítimo e de Pesca 2014-2020.

Os proxectos que se presenten poderán ser para investimentos produtivos ou para investimentos non produtivos.

O prazo de presentación de solicitudes será dun (1) mes contado desde o día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.

Entenderase como último día do prazo o correspondente ao mesmo ordinal do día da publicación. Se o último día de prazo fose inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte, e se no mes de vencemento non houber día equivalente ao inicial do cómputo, entenderase que o prazo remata o último día do mes.

 Consulta o DOG completo no seguinte enlace:  PREME AQUÍ

Animámosvos a todos e todas os que teñades idea de poñer en marcha un proxecto produtivo ou non produtivo no ámbito territorial do GALP Golfo Ártabro Norte a participar nesta convocatoria de axudas. Pódese ver nos seguintes enlaces, os trámites e documentación necesaria para solicitude:

 Proxectos PRODUTIVOS

 Proxectos NON PRODUTIVOS

Para máis información, podedes contactar co equipo técnico do GALP Golfo Ártabro Norte a través dos teléfonos 636 736 788 e 981 784 417 (María Antonia Fernández, Xerente).

Tamén estamos a vosa disposición na oficina sita na Casa do Pescador en Miño (Rúa Curro, nº 33 - 15630 Miño), para atención presencial de luns a venres.


 

 

Ningún comentario:

Publicar un comentario