Atención A Consellería do Mar ten previsto habilitar unha nova #convocatoria de axudas do #FEMP 2014-2020 neste ano 2021
Animámosvos a todos e todas os que teñades idea de poñer en marcha un proxecto produtivo ou non produtivo no ámbito territorial do GALP Golfo Ártabro Norte a participar nesta nova convocatoria de axudas e para que vaiades preparando a documentación......
Para máis información, podedes contactar co equipo técnico do GALP Golfo Ártabro Norte a través dos teléfonos 636 736 788 e 981 784 417 ou escribindo ao correo electrónico galp.mar.golfoartabronorte@xunta.gal
Tamén estamos a vosa disposición na oficina sita na Casa do Pescador en Miño (Rúa Curro, nº 33 - 15630 Miño), para atención presencial de luns a venres.
Ningún comentario:
Publicar un comentario