7 de febreiro de 2019

O GALP GOLFO ÁRTABRO NORTE realizou unha multitudinaria xornada para impulsar o emprendemento no seu ámbito territorial




O evento, impulsado polo GALP Golfo Ártabro Norte, acolleu a máis de 60 persoas interesadas en coñecer novas liñas de negocio. 







O pasado mércores 6 de febreiro, no Café Teatro (Pazo da Cultura) de Narón, tivo lugar un obradoiro divido en tres bloques, dedicado a promover as liñas de emprendemento empresarial nos concellos que forman parte do GALP Golfo Ártabro Norte grazas as súas liñas de financiamento (Ares, Cabanas, Fene, Ferrol, Miño, Mugardos, Narón, Neda, Paderne e Pontedeume).

Na primeira parte a xerente do GALP Golfo Ártabro Norte, Maria Antonia Fernández Abeledo, e o seu presidente, Jose Manuel Fernández Lage presentaron o programa de axudas que este organismo outorga e animaron as máis de 60 persoas presentes na xornada que contasen cunha idea para a creación ou ampliación de negocio, a solicitar información co organismo para asesorarse e recibir orientación sobre como poder ser beneficiarios desta subvención.

A continuación presentouse a ponencia “Oportunidades de negocio e desenvolvemento territorial no marco do GALP Golfo Ártabro Norte”, enfocada a presentar aos asistentes as posibilidades que presentan estes fondos para a creación de novas actividades ou mellora da competitividade de empresas existentes, máis aló do sector pesqueiro. Así, nesta intervención, que correu a cargo da consultora María Mesías, da empresa GOODLIFE Factory, expuxéronse os nichos de mercado detectados a través dunha fonda investigación previa, na que foron consultados máis de 40 axentes territoriais, e abondosa información relativa a novos nichos de emprego e actividades empresariais innovadoras nos sectores de referencia, que permitiu apoiar cada unha das oportunidades presentadas con exemplos de proxectos exitosos financiados por estos fondos neste e noutros territorios. 

A xornada continuou cun espazo no que entidades deste e doutros GALP presentaron en primeira persoa os proxectos que foron beneficiarios destas axudas, para mostrar os beneficios das mesmas e os pasos que seguiron tanto para desenvolver a súa idea como para executala. 

Os asistentes puideron escoitar os casos de éxito de empresas relacionadas coa alimentación como foron Conservas Faro de Burela, Bombóns de Mar (Ribadeo) ou Cervexa Augas Santas de Foz. Pero tamén houbo tempo para casos de financiamento de proxectos do territorio: Inma Sánchez achegou a súa experiencia como emprendedora a través da Cantina do Río Covés, sita en Pontedeume; Ignacio Palmero, coordinador do Club Náutico de Ares, expuxo un proxecto productivo e outro non productivo nas súas instalacións, e pechou José Cortizas, directivo do Club do Mar de Mugardos, que contou como adquiriron material para seguir competindo co seu equipo de remo.




Foi Jacobo Suárez, CEO da empresa GOODLIFE Factory, quen levou a cabo o terceiro e último bloque como experto na xestión deste tipo de axudas e tamén como emprendedor. Nesta parte explicou como e quen pode solicitar unha axuda para o seu negocio, así como os pasos para cumplimentar todos os requirimentos das subvencións.






A xornada rematou coa intervención da concelleira de cultura de Narón, María do Carme Espada, animando aos asistentes a emprender no territorio, e cun networking amenizado cun pincho mariñeiro, onde as persoas asistentes mostraron as súas inquetudes e ideas para facer medrar o tecido empresarial do territorio. 

Ningún comentario:

Publicar un comentario