27 de xuño de 2018

O Vídeo de Ondas de Ilusións - Escolas do Mar

Despois do éxito da campaña no curso pasado, o Grupo de Acción Local do Sector Pesqueiro (GALP) Golfo Ártabro embarcouse nunha nova edición do proxecto educativo “ONDAS DE ILUSIÓNS: ESCOLAS DO MAR 2017-2018”. Nesta ocasión, da man dunha das grandes protagonistas da nosa ría, a Ameixa Tareixa.

Ondas de ilusións: escolas do mar é un proxecto educativo de posta en valor dos recursos mariños e coñecemento da contorna. 


Para que teñamos unha mostra das cousas que aconteceron neste Ondas de ilusións do curso 2017/2018 deixámosvos este vídeo, no que se dá conta do que aprenderon dentro e fóra da aula as alumnas e alumnos dos centros escolares Manuel Masdías de Caranza (Ferrol), As Mirandas de Ares, Eladia Mariño de Cabanas, os Casais de Fene, Isaac Peral de Ferrol, A Gándara de Narón, A Maciñeira de Neda e Couceiro Freijomil de Pontedeume.


Despedímonos ata o curso que vén. Gozade do verán!!!




11 de maio de 2018

Intercambio de experiencias co GALP Costa da Morte









Onte xoves día 10 a nosa Xunta Directiva estivo coñecendo algúns dos proxectos subvencionados polo Galp Costa da Morte cos fondos do Programa FEMP 2014-2020, e pretendía dar a coñecer aos membros da Xunta Directiva do Galp Golfo Ártabro Norte os proxectos subvencionados ao GALP Costa da Morte, co obxecto de ver o funcionamento doutros GALP galegos, así como un proceso de recollida de ideas para o territorio.



10 de maio de 2018

Taller Saberes e sabores

Saberes e Sabores

Onte as mulleres do GALP GOLFO Artabro NORTE na Aula de Cociña da Casa do Pescador de Miño con Paula Patiño de Acastrexa aprendendo a elaboración de pratos e conservas cos produtos do mar.

Obradoiro Saberes e Sabores organizado dentro do proxecto Candieira - Rede de Mulleres do Mar, no que está participando o GALP Golfo Ártabro Norte, xunto con outros GALP de Galicia

“SABERES E SABORES”, dentro deste proxecto, celebranse varias sesións. Este programa achega ás participantes coñecementos básicos para emprender nalgún proxecto de cociña local ou de transformación do produto do mar. Así mesmo, as asistentes intercambian as súas propias experiencias e contan coa visita de mulleres emprendedoras que xa iniciaron algún proxecto neste campo.


Foto de Candieira.

Foto de Candieira.


Foto de Candieira.






16 de abril de 2018

Taller EMBARCA de Saberes e Sabores

O vindeiro luns día 23 de abril retomamos o programa CANDIEIRA co Taller EMBARCA de Saberes e Sabores.


Candieira organiza en Miño un taller baixo o lema "Saberes e sabores" que achegará ás mulleres do mar e ás persoas interesadas en xeral aqueles coñecementos básicos para emprender algún proxecto de cociña local ou de transformación do produto do mar. 



Así mesmo, as asistentes intercambiarán as súas propias experiencias e contarán coa visita de mulleres emprendedoras que xa iniciaron algún proxecto neste campo.



A reunión terá lugar na sede do GALP Golfo Ártabro Norte , na Casa do Pescador de Miño (Rúa Curro, 33 Miño),  de 17:30 a 19:30 horas.
Recordamos que a participación é aberta a todas as persoas que queiran aprender ou impulsar un proxecto vinculado a este ámbito da transformación dos produtos do mar. Chama e deixa os teus datos a través do teléfono 981 784 417 ou ben envía un mail a galpgolfoartabronorte@gmail.com

Máis información deste proxecto:



9 de marzo de 2018

Saberes e sabores: emprende coa cociña local e o produto do mar

Dende o GALP Golfo Ártabro Norte e a través do Programa de Cooperación CANDIEIRA - Rede de apoio e promoción das mulleres, estamos organizando un interesante programa formativo de carácter gratuíto: TRANSFORMACIÓN E CONSERVACIÓN DE PRODUTOS DO MAR: SABERES E SABORES.



Este obradoiro está aberto para todas as mulleres, sendo o único requisito, para participar que sexan do ámbito territorial do GALP Golfo Ártabro Norte: PADERNE, MIÑO, PONTEDEUME, CABANAS, ARES, MUGARDOS, FENE, NEDA, NARÓN E FERROL.

Esta acción formativa, terá unha parte teórica, outra de carácter práctico e participativo, e tamén está previsto realizar visitas e saídas a iniciativas postas xa en marcha.  Terá unha duración de 28 horas (10 horas teóricas e 18 prácticas, incluídas as visitas a experiencias e iniciativas).

As datas e horarios estableceranse segundo a dispoñibilidade dos colectivos de mulleres participantes e todas as sesións serán de carácter presencial.

Para ampliar esta información e inscribirse, pode poñerse en contacto co equipo técnico do GALP Golfo Ártabro Norte, ben a través do teléfonos 981 784 417 / 636 736 788 ou pode enviar un mail cos seus datos completos a galpgolfoartabronorte@gmail.com

OBXECTIVOS

  • Elaborar produtos alimenticios do mar empregando os métodos e técnicas adecuadas, conservadores, etc respectando as normas de calidade aplicables para a produción de alimentos.
  • Describir as diferentes técnicas de conservación nos procesos de preparación, transformación e elaboración dos alimentos.
  • Coñecer os mecanismos de comercialización e xestión dunha actividade alimentaria.
  • Identificar os elementos principais á hora de comunicar e vender un produto.
  • Coñecer de primeira man o funcionamento dunha iniciativa empresarial de conservación e transformación de produtos do mar.