12 de novembro de 2015

Onte tivo lugar a a reunión aberta do Galp Golfo Ártabro Norte onde se traballou na estratexia participativa para o vindeiro período FEMP 2014-2020


Onte tivo lugar a reunión aberta do Galp Golfo Ártabro Norte onde se presentou o traballo realizado na extratexia e nas mesas sectoriais.
QUEREMOS AGRADECER A VOSA ASISTENCIA E APORTACIÓNS.

Xuntamos a presentación de sintese para que podades aportar as vosas suxestións e propostas para que a empresa que está a rematar o plan as poida incorporar as vosas suxestións e propostas.

Documento presentación estratexia faga click aquí 
Podedes enviar todas as vosas suxerencias a correo: galpgolfoartabronorte@gmail.com







8 de novembro de 2015

Cambio de Data da Reunión GALP Golfo Ártabro Norte para seguir coa preparación da Estratexia o Mércores 11 de novembro de 2015, na Casa do Pescador de Miño ás 18:00

Se tivo que cambiar a data da vindeira reunión aberta do GALP Golfo Ártabro Norte para seguir coa elaboración da estratexia, será o vindeiro MÉRCORES 11 DE NOVEMBRO de 2015 ás 18:00, na Casa do Pescador de Miño, xunto o cuartel da Garda Civil de Miño. Esperámoste!!! A túa opinión conta!!!
Máis información

6 de novembro de 2015

O vindeiro Martes 10 outubro 2015 na Casa do Pescador de Miño celebrarase unha reunión aberta para seguir coa preparación da Estratexia Participativa do GALP Golfo Ártabro Norte

Seguimos traballando para preparar unha estratexia para o territorio, o vindeiro martes 10 de outubro de 2015 celebrarase unha reunión aberta na Casa do Pescador de Miño, sita xunta a cuartel da Garda Civil de Miño, ás 18:00, non esquenzades é moi importante para tódos nos as vosas aportacións.

Máis información

23 de outubro de 2015

Xuntazas temáticas para elaboración da Estratexia Participativa do GALP Golfo Ártabro Norte Luns 26 e Martes 27 de Outubro ás 18:00 na Casa do Pescador de Miño

O vindeiro Luns 26 e Martes 27 de Outubro, os invitamos a tod@s a que veñadades as mesas que imos realizar sobre Patrimonio Cultura e Ambiental, emprego e emprendemento e turismo mariñeiro, se realizarán na Casa do Pescador de Miño sita na R Curro 33 xunto o cuartel da Garda Civil de Miño. Non te esquenzas empezarán as 18:00.. Participa!!!!!!
máis información
documentación

Casa do Pescador de Miño

Esta  aberta a t@das as entidades, concellos, asociacións, empresas, persoas e axentes do territorio que teñan ideas para  estratexia do GALP Golfo Ártabro Norte


ONTE SE CELEBROU A PRIMEIRA XUNTAZA PARA ELABORACIÓN DA ESTRATEXIA DO GALP GOLFO ÁRTABRO NORTE NA CASA DO PESCADOR DE MIÑO

O Grupo de Acción Local do Sector Pesqueiro Golfo Ártabro Norte mantivo onte a Primeira Xuntaza aberta para elaboración da Estratexia  de Desenvolvemento Participativo para o período 2014-2020.
Agradeceros a todas as persoas presentes a vosa participación nesta xuntaza.
Nesta xuntaza informouse do proceso de elaboración da estratexia e a importancia da participación.
A participación é fundamental dos axentes do territorio: confrarías de pescadores, concellos, asociacións, empresas e todas as persoas que queiran aportar ideas para elaboración da Estratexia.
A Estratexia queremos sexa construida entre todos os axentes do territorio polo que é e será moi importante a túa colaboración!!!!! Anímate e participa!!!!!
Documentación da Xuntaza

O vindeiro Luns 26 e Martes 27 de Outubro, os invitamos a tod@s a que veñadades as mesas que imos realizar sobre Patrimonio Cultura e Ambiental, emprego e emprendemento e turismo mariñeiro, se realizarán na Casa do Pescador de Miño sita na R Curro 33 xunto o cuartel da Garda Civil de Miño. Non te esquenzas empezarán as 18:00.. Participa!!!!!!
máis información
Casa do Pescador de Miño