A memoria viva dos proxectos, das persoas e do mar do noso territorio. Un espazo onde compartimos iniciativas, experiencias e actuacións que contribúen ao desenvolvemento sostible do sector pesqueiro e do litoral do Golfo Ártabro Norte.
1 de maio de 2020
28 de abril de 2020
25 de abril de 2020
Entrevistamos a testemuñas directas vinculadas co sector pesqueiro e marisqueiro deste ámbito territorial
#QuedaCoNosoMar
#QuedaConNuestroMar
O Patrón maior da Confraría de Pescadores de Miño, José Manuel Fernández Lage, aínda que tamén é o noso Presidente, respondeu ás nosas preguntas en calidade de Patrón maior da Confraría de Miño.
A Confraría de Pescadores de Miño, é a máis pequena en canto a número de socios das 6 Confrarías deste ámbito territorial. Ten sobre 25 socios e socias, dos Concellos de Miño, Paderne, Betanzos e Bergondo que se dedican principalmente á actividade marisqueira, xa que a actividade pesqueira foise perdendo pouco a pouco.
MARISQUEO: Ameixa fina, Ameixa xapónica, Berberecho e Ostra rizada.
Contacto: Tlfno. 981 782 755 / cofradiamino@hotmail.com
Igual que sucede noutras actividades, a crise provocada polo Covid-19 é complicada para o sector. Como afronta esta situación? Que pode facer a cidadanía para axudar ao sector do mar?
Perante a situación que estamos a vivir motivada pola aplicación do estado de alarma decretado polo goberno central con motivo do Covid 19, dende as confrarías estase a vivir con moita inquietude pola forte caída da demanda dos nosos produtos, tralo peche da principal canle de distribución como é a restauración, afectando especialmente a aquelas confrarías que teñen no marisqueo a súa principal fronte de ingresos.
Sen esquecer a incerteza que nos xera a falta de medidas axeitadas para defendernos do virus dada a especial particularidade do noso traballo.
“Da cidadanía demandaríamos e agradeceríamos seguisen consumindo produtos do noso mar, que ademais de seren un alimento esencial, farían que todo o noso esforzo nestes momentos tan difíciles véxase recompensado e valorado”
Cal considera que é a importancia do sector do mar e, mais concretamente, da súa actividade, para a sociedade e a economía de Galicia?
A actividade do marisqueo na nosa comunidade e mais concretamente no Golfo Ártabro Norte, supón a súa principal fonte de ingresos sendo en algúns casos máis do 80% da facturación
Canto emprego e volume de facturación xera o sector do mar na zona?
Neste ámbito territorial somos 6 Confrarías de Pescadores, onde arredor dun millar de persoas traballan neste sector.
Que características propias da súa actividade fan que sexa esencial para a sociedade?
A actividade do marisqueo a mais de supoñer un modo de vida, e fundamental para conservación dos espazos intermareais, dado que co seu modo de traballo están a favorecer a descompatación e aereación do sustrato.
Por que cre que é vital consumir produtos do mar?
Consumir produtos do mar e fundamental para o tecido económico, dada a gran diversidade de empresas que interveñen na súa transformación e distribución, favorecendo deste xeito a manter un importante número de empregos.
24 de abril de 2020
Campaña #QuedaCoNosoMar
Á campaña Queda Co Noso Mar súmase tamén a opinión do #presidente do GALP GOLFO Artabro NORTE, José Manuel Fernández Lage, ao respecto deste ámbito territorial:
![]() |
| #QuedaCoNosoMar |
Resalta as características tan peculiares que teñen as 6 confrarías deste territorio, principalmente o seu tamaño. “Temos Confrarías moi pequenas e con poucos socios e socias, e en canto á actividade algunhas delas dedícanse exclusivamente ao “marisqueo a pé”, non tendo outras opcións como vía de escape nestes momentos” “Estamos parcialmente paralizados e con moi pouca actividade”
Ao non ser considerado o marisco un produto de primeiro necesidade, non hai demanda para a súa venda, "xurden moitas complicacións para realizar subastas ou colocar o produto a un único comprador respetando prezos de mercado, como fan algunhas das nosas confrarías, porque non hai compradores”, explica.
Nestes momentos “vivir do noso mar e das nosas rías” non é unha tarefa fácil, agravada polo peche do sector da restauración.... pero, mentres tanto, reclama para este territorio máis axudas para soster un sector que dá emprego “ a moitas familias”, e sobre todo que non desapareza, e que poidan contribuír a impulsar a economía deste ámbito territorial....e rexurdan no momento que esta “pandemia”, que nos levou a este “estado de alarma”, desapareza.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)

