O Galp Golfo Ártabro Norte participa xunto con outros cinco GALP galegos no proxecto de Cooperación interterritorial "Cooperación para a creación do produto común de turismo mariñeiro MarGalaica", do que xa se ten executado unha parte no ano 2016.
Este proxecto ten como obxecto o impulso de MarGalaica Club de Turismo Mariñeiro como aposta turística propia da costa galega a través da xeración de novos produtos e a promoción: captación de novos servizos turísticos ao longo da costa galega; creación dunha ruta mariñeira de Galicia; edición e distribución de diversos materiais promocionais off line e on line (1 web site, 1 app, 1 guia, 1 folleto, eventos de promoción, arquivo fotográfico, arquivo de video, stand promocional....) e implicación de novos axentes no turismo mariñeiro nos diferentes programas de difusión e formación previstos.
Para unha mellor execución deste proxecto, as accións foron repartidas entre os GALPs participantes, correspondéndolle ao GALP Golfo Ártabro Norte traballar nos contidos, deseño e programación web e app e realización dunha xornada técnica de turismo mariñeiro.
Entre os traballos desenvolvidos ata o de agora dentro deste proxecto, temos elaborado unha base de datos de restauración, aloxamento, lugares de interese do territorio do GALP Golfo Ártabro Norte; así como, a empresa contratada para este proxecto, xa está polo territorio co proceso de preselección de empresas para captación e avaliación de calidade de MarGalaica (serán 15 socios) e Restaurantes Km 0 MarGalaica (15 establecementos).
Por outra banda, estase traballando no desenvolvemento e organización dunha xornada sobre sitios culturais e xacementos na costa do Golfo Ártabro Norte.
7 de xuño de 2017
1 de xuño de 2017
GALPGOLFOARTABRONORTETV
O GALP GOLFO Artabro NORTE participou na elaboración deste vídeo de presentación de Turismo, natureza, pesca e acuicultura que se celebrou en Madrid o pasado 12 de maio.
Podedes ver a nosa intervención a partir do minuto 1,32
29 de maio de 2017
Convenio Financeiro entre Abanca e o Galp Golfo Ártabro Norte
Hoxe día 29 de maio o Director de
zona de Abanca no territorio do Galp Golfo Ártabro Norte, José Ulfe Bugallo e a
Presidenta do Galp Golfo Ártabro Norte, Mª José Crespo Fraga, asinaron en Miño
un convenio de colaboración para o mantemento de relacións financeiras,
dirixido aos beneficiarios de proxectos vinculados ao Galp Golfo Ártabro
Norte, sendo o seu ámbito territorial os concellos de Miño, Paderne,
Pontedeume, Cabanas, Ares, Mugardos, Fene, Neda, Ferrol e Narón.
Neste
mesmo convenio asinouse tamén unha oferta financeira dirixida aos beneficiarios
de proxectos pesqueiros, vinculados tamén ao Galp Golfo Ártabro Norte.
A
través deste convenio daranse a coñecer as liñas de financiación de Abanca para
este territorio nos proxectos que obteñan ás axudas do Fondo Europeo Maritimo
de Pesca (FEMP 2014-2020), do que está aberto o prazo para solicitudes ata
marzo de 2020.
https://galp.xunta.gal/golfo-artabro25 de maio de 2017
Campaña escolar "ONDAS DE ILUSIONS: ESCOLAS DO MAR"
O Grupo de Acción Local do Sector Pesqueiro (Galp) Golfo Ártabro Norte, promove por primeira vez a campaña escolar "ONDAS DE ILUSIÓNS: ESCOLAS DO MAR "
A campaña escolar de divulgación dos recursos do mar do Golfo Ártabro Norte "Ondas de ilusións: escolas do mar", preséntase como unha iniciativa de sensibilización e divulgación dos valores e dos recursos do mar, a través dun completo programa de actividades durante o terceiro trimestre do curso escolar 2016-2017. A campaña pretende ser un referente a nivel autonómico, consolidándose como complemento educativo dentro do programa de actividades escolares dos centros participantes.
O principal obxectivo é achegar a un elevado número de escolares de primaria ó entorno litoral do Golfo Ártabro Norte, para descubrir in-situ a cultura mariñeira, os recursos naturais e as artes e tradicións pesqueiras relacionadas coa pesca artesanal. Persegue ademais, provocar na poboación escolar un cambio de perspectiva cara o respeto do medio mariño e uns hábitos de consumo responsable dos produtos do mar. O mesmo tempo, a través desta campaña, póñense en valor as actividades económicas do sector do mar dunha forma sustentable.
A campaña vai dirixida a escolares de entre 8 e 12 anos, dos centros públicos educativos do territorio do Golfo Ártabro Norte, en total 500 participantes dos concellos de Paderne, Miño, Pontedeume, Cabanas, Ares, Mugardos, Fene, Neda, Ferrol e Narón.
O contido da campaña consta de:
- Presentación no centro educativo - charla divulgativa.
- Xornada de excursión e actividades.
- Material didáctico.
- Concurso de contos.
- Premio concurso "Ondas de ilusións: escolas do mar 2016-2017"
19 de maio de 2017
Intercambio de experiencias con outros Grupos de Acción Local do Sector Pesqueiro
Membros da Xunta Directiva do GALP Golfo Ártabro Norte e representantes das súas Confrarías de Pescadores, estiveron visitando no territorio do GALP A Mariña - Ortegal algúns dos proxectos subvencionados por dito GALP: Reef Water Coral Farm en Viveiro; Conservas Artesáns Currican, S.L. en Xove; Restaurante AMarquesa en Burela; Maremasma, S.L. en Foz e Chocolates Moreno en Ribadeo, agradecendo a amabilidade de todos os promotores en explicarnos as súas iniciativas, que valoramos moi interesantes e orixinais, desexándolles moita sorte a tod@s.
Agradecer tamén ao Presidente e Xerente do GALP A Mariña - Ortegal a súa atención, así como a dispoñibilidade para acompañarnos todo o día aos diferentes proxectos.
Esta actividade está enmarcada dentro das actividades de animación e dinamización previstas para este ano 2017 polo GALP Golfo Ártabro Norte.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)





