25 de maio de 2017

Campaña escolar "ONDAS DE ILUSIONS: ESCOLAS DO MAR"








O Grupo de Acción Local do Sector Pesqueiro (Galp) Golfo Ártabro Norte, promove por primeira vez a campaña escolar "ONDAS DE ILUSIÓNS: ESCOLAS DO MAR "
A campaña escolar de divulgación dos recursos do mar do Golfo Ártabro Norte "Ondas de ilusións: escolas do mar", preséntase como unha iniciativa de sensibilización e divulgación dos valores e dos recursos do mar, a través dun completo programa de actividades durante o terceiro trimestre do curso escolar 2016-2017. A campaña pretende ser un referente a nivel autonómico, consolidándose como complemento educativo dentro do programa de actividades escolares dos centros participantes.
O principal obxectivo é achegar a un elevado número de escolares de primaria ó entorno litoral do Golfo Ártabro Norte, para descubrir in-situ a cultura mariñeira, os recursos naturais e as artes e tradicións pesqueiras relacionadas coa pesca artesanal. Persegue ademais, provocar na poboación escolar un cambio de perspectiva cara o respeto do medio mariño e uns hábitos de consumo responsable dos produtos do mar. O mesmo tempo, a través desta campaña, póñense en valor as actividades económicas do sector do mar dunha forma sustentable.
A campaña vai dirixida a escolares de entre 8 e 12 anos, dos centros públicos educativos do territorio do Golfo Ártabro Norte, en total 500 participantes dos concellos de Paderne, Miño, Pontedeume, Cabanas, Ares, Mugardos, Fene, Neda, Ferrol e Narón.
O contido da campaña consta de:
  • Presentación no centro educativo - charla divulgativa.
  • Xornada de excursión e actividades.
  • Material didáctico.
  • Concurso de contos.
  • Premio concurso "Ondas de ilusións: escolas do mar 2016-2017"











Ningún comentario:

Publicar un comentario