O 1 de marzo xa está preto, nesa data finaliza o prazo para presentar proxectos ás axudas dos fondos europeos marítimos e da pesca (FEMP) canalizadas a través do GALP Golfo Ártabro Norte. Se estás a darlle voltas a algunha idea que podería ter efecto positivo sobre o noso territorio, non o penses máis e achégate a vernos, estamos na Casa do Pescador, Rúa Curro, 33 de Miño; o noso teléfono é o 981 78 44 17.
Agora ímosvos a mostrar uns exemplos de diversificación económica, concretamente de hostalería, que “pescamos” nestas últimas convocatorias para que podas comprobar novamente que hai moitas posibilidades para acceder ás axudas dos fondos FEMP.
Por exemplo, A Falúa, unha antiga casa mariñeira da rúa Ferreiros de Pontedeume, que foi sometida a unha profunda transformación para terminar reconvertida nun atractivo hotel de 8 habitacións (3 familiares, 4 dobres e 1 para unha movilidade reducida), incluíndo tamén servizo de cafetería na que gozar os produtos do noso mar ou onde alugar bicicletas para realizar roteiros pola costa ou cara ás veciñas Fragas de Eume.
A Falúa recibiu unha subvención do 50%, unha gran axuda para converterse de idea en realidade. Se queres recibir máis información sobre A Falúa, visita a súa páxina web: www.afalua.com.
Outro hotel, A Terraza da Rúa Carreira, 4 de Miño, tamén recibiu unha subvención do 50% coa que logrou mellorar as súas instalacións, elevando a súa categoría de Pensión de 2 estrelas a hotel dunha estrela.
Estas melloras consistiron na eliminación de barreiras arquitectónicas e renovación do mobiliario, maquinaria e electrodomésticos, xunto con equipamentos e programas informáticos.
O www.hlaterraza.com ofrece agora 20 habitacións de temática mariñeira e completa a súa oferta con bicis para pasear pola costa, e recomeinda tamén outras actividades marítimas en colaboración con empresas locais.
Finalmente falarémos dos apartamentos turísticos “ Camiño do Eume”. 12 apartamentos turísticos situados no núcleo urbano da vila de Pontedeume, preto de zonas naturais e da contorna mariña.
Os apartamentos www.caminodoeume.com ofrecen un alojamento funcional que resulta de gran valor para incrementar a calidade e cantidade da oferta hostaleira da vila eumesa.
Se algunha idea revolotea pola túa cabeza, compártea co GALP Golfo Ártabro Norte, nós axudarémosche a convertela nun proxecto viable.
Ningún comentario:
Publicar un comentario