2 de maio de 2020

Entrevistamos a testemuñas directas vinculadas co sector pesqueiro e marisqueiro deste ámbito territorial

#QuedaCoNosoMar

 #QuedaConNuestroMar

O propietario de Peixería Mares, José Ramón García Bello, respondeu moi amablemente ás nosas preguntas. Moitas grazas!!!




En Peixería Mares ofrecemos un servizo de peixe fresco diario dos productos que traemos directos da lonxaContamos con unha sección variada de productos conxelados, salado e conservas.


Dirección: Rúa Real, 45, 15624 Ares, A Coruña

Contacto: Tlfno. 679 22 63 58 / Messenger


1.- Igual que sucede noutras actividades, a crise provocada polo Covid-19 é complicada para o sector. Como afronta esta situación? Que pode facer a cidadanía para axudar ao sector do mar?

Pois a situación a afrontamos con moitas precaucións e con resignación…pero non queda outra que afrontalo tal e como está, pero sen descoidarse en ningún momento.

A cidadanía para axudar o sector do mar, o que ten que facer e consumir produtos do mar pescados e elaborados en Galicia, rexeitar o peixe e marisco que ven de Portugal, Turquía, Canadá… porque si mercan produto galego, todos eses cartos quedan aquí.

2.- Cal considera que é a importancia do sector do mar e, mais concretamente, da súa actividade, para a sociedade e a economía de Galicia?
O sector do mar, e no que a min máis preto me toca que é na peixería, é importante no senso que nós ofrecemos peixe e marisco fresco das nosas costas, ofrecendo a máxima calidade de produto. Nestes momentos difíciles, ofrecemos un servizo a domicilio totalmente gratuíto, para que a xente non teña que saír dos seus fogares, e así poder consumir alimentos que ofertamos, e a xente poida facer unha dieta sana e equilibrada.

3.- Canto emprego e volume de facturación xera o sector do mar na zona?

O emprego que xenera o sector do mar nestes momentos, non é tan grande como fai uns anos, pola diminución da flota, pero aínda así é moi importante polo volume de negocio que xenera, pescadores, estibadores, transportistas, lonxas, peixerías…

4.-Que características propias da súa actividade fan que sexa esencial para a sociedade?

A pesca é unha actividade esencial na nosa comunidade, pois somos onde se comercializa gran parte do peixe e marisco que se consume no país, e tamén polas exportacións que se fan o resto de Europa, con volume de ventas e ingresos fundamentais para a nosa comunidade, e para as localidades que teñen barcos de pesca ou marisqueo.

5.- Por que cre que é vital consumir produtos do mar?

Porque son fundamentais para levar unha vida saudable e confortable. Tódolos médicos aconsellan 2 ou 3 veces mínimo por semana consumir omega 3, vitaminas e proteínas.




Ningún comentario:

Publicar un comentario