§
Ambas as
entidades reforzan o traballo conxunto grazas á división especializada que
mantén o banco neste sector: ABANCA Mar
Os profesionais
deste grupo de acción costeira optarán a produtos específicos lanzados polo
banco con sede en Galicia para o sector pesqueiro
ABANCA renovou onte día 4 de xullo a alianza que
mantén co Grupo de Acción Local do sector pesqueiro (GALP) Golfo Ártabro Norte co
obxectivo de impulsar o desenvolvemento socioeconómico da poboación pesqueira
nesta franxa costeira.
O representante do GALP, José Manuel
Fernández Lage, e o
director de zona de ABANCA en Betanzos/Eume, José Ulfe Bugallo, foron os
encargados de asinar o novo acordo, nun acto celebrado onte en Miño.
Este convenio pon o acento especialmente na
reactivación económica por medio do
crédito, unha peza básica para acadar a posta en marcha de novos proxectos
e promover a mellora da competitiva dos actuais. Os profesionais pertencentes a
esta entidade sen ánimo de lucro contarán con condicións melloradas na contratación de produtos de ABANCA como pólizas de crédito, préstamos persoais,
anticipos de subvencións, leasing mobiliario, liñas de comercio exterior,
confirming, avais ou liñas de desconto.
ABANCA tamén ofrecerá outros produtos a medida do sector, como a hipoteca naval para financiar buques e
outro tipo de embarcación vinculadas á actividade pesqueira, ou seguros personalizados para este
colectivo. Do mesmo xeito, desde as oficinas de ABANCA facilitarase a
información relativa ás opcións de
financiamento a través de convenios oficinas que a entidade mantén con ICO e
as SGR galegas.
Grazas a este texto, os profesionais do
sector pesqueiro poderán optar ás vantaxes que ofrece o Programa Cero Comisións de ABANCA, que permite deixar de pagar polo
mantemento das contas e tarxetas, pero tamén polas transferencias, ingresos de
cheques ou outros servizos habituais.
O GALP Golfo Ártabro Norte naceu co
obxectivo de colaborar na gobernanza da súa zona de actuación, que abrangue dez
municipios da costa coruñesa. O grupo participa activamente na construción da
capacidade organizativa da zona pesqueira, e serve de núcleo de converxencia e
representación de entidades e axentes socioeconómicos con interese no
desenvolvemento integral e equilibrado da área. Representa a decenas de
entidades locais, entre concellos, confrarías de pescadores e outras
organizacións profesionais vencelladas ao sector pesqueiro, asociacións de
empresarios e comerciantes, e agrupacións de carácter social.
Forte
compromiso co mundo do mar
Este marco de colaboración súmase aos
acordos en materia financeira que a entidade financeira galega mantén coa maior
parte das confrarías de pescadores de Galicia e as principais organizacións do
sector, que reflicten o compromiso do banco con este sector estratéxico para a
nosa comunidade. A través de ABANCA Mar,
a entidade financeira pon a disposición do sector un crecente catálogo de
produtos adaptados, ademais da proximidade e experiencia dun equipo de
profesionais altamente cualificados e cun profundo coñecemento da heteroxénea
cadea de valor do mar.
Ningún comentario:
Publicar un comentario