O pasado xoves día 11 de xullo o equipo técnico do GALP Golfo Ártabro Norte, coa finalidade de manter informado e avanzar no deseño de posibles proxectos susceptibles de poder ser financiados mediante o Fondo Europeo e Marítimo de Pesca (FEMP 2014-2020), trasladouse a Confraría de Pescadores de Ferrol, onde realizou unha reunión informativa ao respecto.
Nesta reunión, informouse aos asistentes dos prazos de presentación de solicitudes, así como de todos trámites para a súa presentación.
Nesta xornada orientouse ás persoas asistentes sobre as oportunidades de negocio e desenvolvemento territorial financiables polo GALP Golfo Ártabro Norte, que poderían ser encaixadas principalmente no Obxectivo 1 da súa Estratexia de Desenvolvemento Local Participativo (EDLP): "Mellora da competitividade do sector pesqueiro, creación de emprego e atracción de mocidade, en especial a través do aumento do valor engadido dos produtos pesqueiros, da integración vertical, da innovación en todas as fases da cadea de subministro dos produtos pesqueiros; e garantir unha actividade sostible promovendo o uso eficiente dos recursos biolóxicos mariños", a través de exemplos que xa foron subvencionados por este GALP e por outros galegos.
Tamén informouse que por ser FERROL considerado un municipio densamente poboado, motivo polo que non computa a totalidade da poboación de Ferrol (só a integrante do sector pesqueiro e os seus familiares), quenes poden ser as persoas e entidades beneficiarias destas axudas:
- As persoas xurídicas do sector pesqueiro con domicilio social e fiscal en Ferrol e que teñan no seu obxecto social actividades propias do sector pesqueiro.
- As persoas físicas integrantes do sector pesqueiro e os seus familiares.
(Definición de familiares do sector pesqueiro, segundo a Orde de Axudas do 21/12/2018, artigo 6: Aquelas persoas en cuxa unidade familiar figure algunha persoa física, ata o segundo grao de consanguinidade ou afinidade, viva ou falecida no ano inmediatamente anterior á data de solicitude, que sexa ou fose un/unha pescador, mariscador/a, acuicultor/a ou persoa traballadora en activo relacionada coa actividade pesqueira ou que traballase nese sector de forma manifiesta)
Ningún comentario:
Publicar un comentario