Varios grupos de 3º a 6º de primaria falarán cos
mariscadores dende os propios kaiak
Estanse a ultimar
as primeiras accións do programa ONDAS DE ILUSIÓNS – ESCOLAS DO MAR, que xa vai
pola súa III Edición.
Trátase dunha campaña escolar de sensibilización que ten como obxectivo o coñecemento do medio mariño e os recursos pesqueiros, a pesca sustentable, a contaminación dos plásticos no mar o cambio climático e a biodiversidade entre o alumnado de primaria.
Vendo a ría dende dentro e observando como se extrae o
marisco
As próximas accións
Terán lugar dende a Praia de Cabanas, os días 11, 12 e 13 de xuño e o 18 de
xuño dende o Peirao de Miño, a partir das 10.00 horas, coa participación do
CEIP Plurílingüe Os Casais (Fene); CPI A Xunqueira (Fene), CEIP Manuel Masdías
(Ferrol) e CEIP Couceiro Freijomil (Pontedeume).
Nesta primeira
quenda, perto de 200 nenos e nenas de entre 9 e 12 anos realizarán unha travesía
en kaiak polo Río Eume, e as rías de Ares e Betanzos; continuando o programa
durante o mes de setembro e estando aberto aos 36 centros públicos de Educación
Infantil e Primaria dos 10 concellos do Golfo Artabro.
Para solicitar máis información sobre o resto de actividades e realizar as reservas, pódese contactar a través do e-mail ondadeilusions@gmail.com ou contactar no teléfono 633074271. Tamén se pode consultar a información e descargar a documentación para adherirse ao programa na páxina web www.ondasdeilusions.es

ONDAS DE ILUSIONS
está enmarcada no plan de acción relativo ao desenvolvemento da Estratexia de
desenvolvemento local participativo do Golfo Artabro Norte, en concreto na
medida "Apoio a proxectos
educativos inmersivos relacionados coa cadea de valor, coa participación dos
profesionais do sector".
Deste modo, o proxecto conta coa colaboración das Contrarías de
Pontedeume e Miño, que explicarán ao alumnado o seu traballo diario e as
especies que recollen. Así, os escolares terán ocasión de ver faenar ás mariscadoras
a pé e en embarcacións, vendo como extraen cos raños as ameixas, talarán con
elas e verán o produto que entra a media mañá para a súa pesaxe e venda no peirao.
Dende
o GALP do Golfo Artabro Norte salientan que este ano desexan potenciar as
actividades naúticas da contorna e o deporte base, seguindo tamén a liña de
actuación relativa ao xurdimento dunha oferta turística completa e de calidade
vinculada á actividade mariñeira e a medida "Promoción de actividades recreativas e deportivas acuáticas e
subacuáticas."
Así o Clube Deportivo Naútico de Miño e o Clube Cabanas KDM serán os encargados de ensinar aos nenos e nenas a riqueza do patrimonio natural da ría, realizando paradas na cala de auga cristalina Amieiras (para os grupos de Cabanas) e coñecendo as características das mareas e o ecosistema da zona, con hábitats diferentes, as matogueiras, as pseudoestepas gramíneas ou os bosques aluviais. Tamén coñecerán e diferenciarán os distintos tipos de gaivotas (escura, chorona, patiamarela), o corvo mariño, a garza, a garzota, a píllara, o picapeixe... e a flora do lugar, chopos, pirixel e alhelí de mar, etc. e integrarase no Espazo Natural de Interese Local Esteiro do Río Baxoi (no caso do grupo que navegará dende o peirao de Miño).

Paralalamente ás saídas
en kaiak, que se organizarán en pequenos grupos para
poder realizar uns itinerarios guiados
e informativos, o alumnado participará nuns obradoiros de carácter medioambiental, guionizados por
pedagogos, no que os rapaces e rapazas adquirirán consciencia do tamaño real do
problema e coñecerán algúns recursos
imprescindibles para darse
contado impacto real das
nosas vidas no planeta, así como tamén aprenderán algunhas ferramentas que
posibilitarán a transición a un modelo
máis sostible.
Aprenderán conceptos como sostibilidade, eficiencia, límites biofísicos, pegada ecolóxica, mochila ecolóxica, estimando o impacto que tén a súa propia pegada ecolóxica e poderán comparalo coa pegada dos seus compañeiros e compañeiras.

A pegada ecolóxica e cómo
afecta ás nosas praias
Coñecerán os problemas socioambientais aos que nos enfrontamos e tamén as
consecuencias dos mesmos. A contaminación das augas, a acumulación de lixo, os
proxectos urbanísticos, etc, teñen un impacto no medio natural mariño e as
nosas costas.
Xincana de reciclaxe
Xogo
por equipos que consistirá en clasificar resíduos. A xincana constará de varias
accións, nas que os equipos porán a proba non só os coñecementos sobre
reciclaxe senón tamén a súa habilidade, motricidade, traballo en equipo...
Construción dun pasteurizador
solar
Para materializar a aprendizaxe anterior, e facendo uso de materiais de
refugallo (cartón, aluminio, periódicos, botes de plástico, etc), elaborarán un
pequeno pasteurizador, qué é fundamental para lugares do planeta que non teñen acceso a auga potable,
pois con moi poucos recursos podemos eliminar os organismos presentes na auga a
través da enerxía do sol.
Mostra dun forno solar
Ademais,
ensinaremos un forno solar elaborado por nós con materiais de refugallo, e
explicaremos o seu funcionamento.
Ningún comentario:
Publicar un comentario