Tes unha idea na cabeza? Axudámosche a poñerlle forma. O vindeiro mércores 06 de febreiro convidámosche a asistir a un obradoiro no que se expoñerán os requisitos para acceder ás axudas para a creación ou ampliación de negocio do GALP Golfo Ártabro Norte.
Cubre o seguinte formulario para inscribirte: Formulario de inscrición
Evento dirixido a persoas con inquietude por emprender ou ampliar os seus negocios.
O vindeiro mércores 6 de febreiro de 2019 ás 18:00h, no Café Teatro (Pazo da Cultura) de Narón terá lugar unha nova xornada dedicada a salientar as oportunidades que o Grupo de Acción Local do Sector Pesqueiro Golfo Ártabro Norte brinda para a creación ou ampliación de negocios no territorio.
Para elo organiza un obradoiro gratuíto no que as persoas participantes poderán coñecer oportunidades de negocio e desenvolvemento territorial financiables ao abeiro desta convocatoria de axudas, aberta ata o vindeiro 1 de marzo, froito dun estudo previo no que se consultou a diversas entidades e organismos do territorio relacionados cos tres ámbitos de actuación fundamental recollidos na EDLP do GALP: o sector pesqueiro, actividades náuticas e turismo.
Ademais, contarase coa presencia de outras empresas e entidades beneficiarias destas axudas, tanto no propio territorio como no de outros GALP da costa galega.
Nesta xornada orientarase sobre oportunidades de negocio e desenvolvemento territorial financiables polo GALP Golfo Ártabro Norte, e estudaranse casos de éxito levados a cabo coas axudas dos GALP. Deste xeito preténdese mellorar a competitividade do sector empresarial e buscar novas alternativas de desenvolvemento do territorio, para así motivar a retención de talento e o crecemento sostible.
O evento contará tamén cun obradoiro que servirá para orientar ás persoas interesadas nos procesos de solicitude e das axudas financeiras que poden ter ao seu alcance.
A actividade rematará cunha degustación de produtos do mar co obxectivo de crear unha rede de contactos entre as persoas participantes.
PROGRAMA:
18:00– O GALP Golfo Ártabro Norte, un abano de posibilidades para o emprendemento.
18:30 – Oportunidades de negocio no marco do GALP Golfo Ártabro Norte
19:00 – Pechakucha - Casos de éxito a partir das axudas dos GALP
20:00 – Como e quen pode solicitar unha axuda para o seu negocio?
20:30 – Pincho mariñeiro e networking.
Ningún comentario:
Publicar un comentario