O xoves 10 de xaneiro, nas instalacións da Casa do Pescador de Miño tivo lugar un obradoiro que se dividiu en 3 broques de contidos dedicados a promover o desenvolvemento empresarial nos concellos que forman parte do GALP Golfo Ártabro Norte (Ares, Cabanas, Fene, Ferrol, Miño, Mugardos, Narón, Neda, Paderne e Pontedeume).
Na primeira parte, a xerente do GALP Golfo Ártabro Norte, María Antonia Fernández Abeledo, e o seu presidente, José Manuel Fernández Lage (Patrón Maior da Confraría de Pescadors de Miño) presentaron o programa de axudas que este organismo outorga e animaron a todas as persoas con unha idea para a creación ou ampliación de negocio, a solicitar información poñéndose en contacto directo para recibir orientación sobre como poder ser beneficiarios destas subvencións.
A xornada continuou impulsando o emprendemento. Para elo, entidades deste e doutros GALP que xa se beneficiaron destas axudas, presentaron os seus proxectos e animaron ás persoas asistentes a desenvolver as súas ideas.
O primeiro emprendedor en presentar o seu proxecto foi Patrik Vilán que rexenta Caión Surf House. A súa intervención foi seguida pola de Julio Rañales, quen explicou as melloras que o Club de Remo de Ares conseguiu cunha financiación do 95% do importe solicitado. A Confraría de Ferrol tamén expuxo os dous proxectos para os que recibiu finanzamento, unha lancha para a vixilancia e a mellora das súas instalacións para diversificación da súa actividade e ampliación de liñas de negocio. Inma Sánchez achegou a súa experiencia como emprendedora a través da Cantina Río Covés. Así tamén José Manuel Pantín mostrou as melloras que puido realizar no Hostal La Terraza de Miño grazas a ter tomado a axuda do GALP. Pablo, un dos promotores da empresa Mar Mar Outdoor, pechou este bloque repasando o material adquirido para a súa empresa de turismo activo.
Foi Jacobo Suárez, CEO da empresa GOODLIFE Factory quen fixo a última intervención como experto na xestión deste tipo de axudas e tamén como emprendedor. Neste bloque mostráronse as particularidades da documentación a cumplimentar para ser beneficiario das subvencións dos GALP.
A xornada rematou cunha ronda de preguntas e un networking amenizado cun pincho mariñeiro onde as persoas asistentes mostraron as súas inquietudes e a súa intención de facer medrar o tecido empresarial do territorio.
Ningún comentario:
Publicar un comentario