4 de decembro de 2017

Presentación en Madrid da Ruta dos Faros de Galicia



Os seus oito itinerarios ofrecen a posibilidade de explorar os rincóns secretos da costa galega en coche, motocicleta ou autocaravana e disfrutar da gastronomía de Km0.

A Ruta dos Faros de Galicia é un novedoso proxecto no que están implicados 76 municipios galegos da Costa de Galicia a través dos 8 GALP existentes en Galicia.

Neste proxecto están implicados os 10 concellos (Paderne, Miño, Pontedeume, Cabanas, Ares, Mugardos, Fene, Neda, Ferrol e Narón) do GALP Golfo Ártabro Norte.

O salón natura do Hotel Santo Domingo de Madrid foi o escenario onde se presentou o pasado xoves 30 de novembro ante os medios de comunicación nacionais este novo produto de promoción turistica.

Este proxecto de cooperación interterritorial foi aprobado pola Consellería do Mar e está cofinanciado a través do Fondo Europeo Marítimo e de Pesca (FEMP), ofrece a posibilidade de coñecer toda a costa galega dende Ribadeo ata a A Guarda, pasando por 114 praias, 60 lonxas, 99 portos pesqueiros e 44 faros.

O percorrido ao completo abarca 1.075 quilómetros e pode realizarse nos dous sentidos, de Ribadeo a A Guarda ou a inversa e pode realizarse en coche, moto, autocaravana ou bicicleta. Ademáis, neste proxecto hai oito propostas de itinerarios curtos para aqueles que dispoñan de menos tempo e busquen unha experiencia máis intensa.

A Ruta dos Faros de Galicia propón asemesmo unha selección de 50 paseos recomendados para disfrutar das melloras vistas da costa galega, 100 selfies, lugares imprescindibles onde sacar unha foto única, e recomenda máis dun centenar de restaurantes e outros tantos servizos turísticos e aloxamentos con personalidade para que a experiencia ao viaxeiro sexa innolvidable.

No seguinte enlace pódese ver todo o proxecto: https://rutadosfaros.gal/


Ningún comentario:

Publicar un comentario