18 de setembro de 2017

Xornadas divulgativas sobre o potencial económico e laboral do turismo mariñeiro


§  Os GALP A Mariña-Ortegal e Golfo Ártabro Norte organizan 5 sesións formativas en aberto e dirixidas á poboación en xeral.
§  Serán en Cedeira, Miño, Viveiro, Foz e Narón.

Valdoviño/Viveiro, 15 de setembro de 2017.- O proxecto de turismo mariñeiro “Galicia Norte, mares de experiencias” continúa o seu calendario de accións formativas coa convocatoria de 5 xornadas de difusión da cultura mariñeira. Durante estas sesións abertas a calquera interesado, informarase sobre o potencial económico e de xeración de emprego do turismo mariñeiro.

CALENDARIO DAS XORNADAS DE DIFUSIÓN
      Cedeira. Martes, 19 setembro. Horario: 11:00-12:30h. Biblioteca do Auditorio Municipal. Rúa Convento, s/n Baixo, esq. R/ María Mediadora
       Miño. Mércores, 20 setembro. Horario: 11:00-12:30h. Casa do Pescador. Rúa Curro, 33
    Viveiro. Luns, 25 setembro. Horario: 11:00 – 12:30 horas. Salón Multiusos do Concello - Praza Pastor Díaz, 1
       Foz. Martes, 26 setembro. Horario: 11:30 horas. Salón da Casa da Cultura. Rúa Lugo, 1
    Narón. Mércores, 27 setembro. Horario: 11:00 – 12:30 horas. Salón Café Teatro. Pazo da Cultura, Rúa Holanda, s/n

Despois destes seminarios de difusión, celebraranse unhas xornadas formativas para a diversificación do sector turístico e pesqueiro, das que se ofrecerá máis información en cada un dos 5 encontros referidos.

“Galicia Norte. Mares de Experiencias” é un proxecto de cooperación interterritorial de turismo mariñeiro impulsado polos GALP (Grupos de acción local del sector pesquero) A Mariña-Ortegal e Golfo Ártabro Norte, e financiado con fondos europeos nos 23 concellos da Coruña e de Lugo que conforman a súa área de actuación.
  
GALP Golfo Ártabro Norte
GALP A Mariña-Ortegal

Paderne
Miño
Pontedeume
Cabanas
Ares
Mugardos
Fene
Neda
Ferrol
Narón

Valdoviño
Cedeira
Cariño
Ortigueira
Mañón
O Vicedo
Viveiro
Xove
Cervo
Burela
Foz
Barreiros
Ribadeo

Esta iniciativa terá como resultado a creación de 10 experiencias turísticas (5 por cada GALP) ao longo de 384 kilómetros da Galicia máis septentrional, a cuarta parte da costa galega. Outro dos obxectivos é formar á poboación para dinamizar a creación de novos produtos e servizos relacionados co mar e co turismo para impulsar o relevo xeracional no sector da pesca e a fixación de poboación nova.



Ningún comentario:

Publicar un comentario