8 de agosto de 2016

III Copa Sipre. Campionato Galego de Kaiak de Mar

Esta domingo dia 7 de agosto celebrouse a III Copa Sipre, Campionato Galego de Kaiak de Mar, organizado polo Club Cabanas KDM.

Agradecemos a invitación do Club Cabanas KDM ao Galp Golfo Ártabro Norte para participar no acto de entrega de premios, á que asistiron a Presidenta do Galp María José Crespo e a Xerente Toni Fernández.
Cabanas Kdm Federación Galega de Piragüismo;

2 de agosto de 2016

8 de xullo de 2016

Aberto o prazo de presentación de proxectos no Galp Golfo Ártabro Norte ata o día 9 de xuño

Dende O GALP GOLFO ÁRTABRO NORTE
comunícase que o prazo para a presentación de solicitudes de axudas para proxectos remata o sábado día 9 (día non laboral no GALP).
Co fin de facilitar o procedemento o Equipo Técnico do Grupo estará na sede da CONFRARÍA DE PESCADORES DE MIÑO (PORTO, S/N) este sábado en horario de 09:00 a 14:00h.

21 de xuño de 2016

Aberto o prazo ata o 9 de xullo: Presentación subvencións a proxectos promovidos polos Grupos de Acción Local do Sector Pesqueiro (GALP)

O pasado día 9 de xuño ten saído publicado no Diario Oficial de Galicia a orde que establece as bases reguladoras das subvencións a proxectos promovidos polos Grupos de Acción Local do sector Pesqueiro (GALP) e a súa convocatoria para o presente ano.

Para este ano 2016 o prazo de presentación de solicitudes de axudas remata o día 9 de xullo, polo que, si a súa entidade, concello e/ou confraría está interesada en presentar algún proxecto no territorio do GALP Golfo Ártabro NORTE, poden chamar ao teléfono 699106156 
A orde ten por obxecto regular as axudas a proxectos que presenten empresas, entidades representativas do sector pesqueiro, entidades públicas locais e asociacións declaradas de utilidade pública e outras entidades sen ánimo de lucro. 
Así, ao abeiro desta convocatoria de subvencións, poderanse por en marcha iniciativas que contribúan á creación de empresas e xeración de emprego nas zonas costeiras, a aumentar o valor dos produtos da pesca e da acuicultura ao reforzo do papel das comunidades pesqueiras no desenvolvemento local e da gobernanza dos recursos pesqueiros e actividades marítimas locais. Ademais tamén serán subvencionables aqueles proxectos que fomenten a diversificación do sector –como pode ser o caso do turismo mariñeiro- e a conservación e valorización do patrimonio natural e cultural marítimo-pesqueiro.
A orde establece que os proxectos que se presenten poden ser “produtivos” e “non produtivos”. Os “produtivos” enfócanse como iniciativas que deben favorecer unha actividade de lucro potencial para promotor e os “non produtivos” son aqueles que non supoñen o inicio ou desenvolvemento dunha actividade económica.
Os interesados en presentar as solicitudes poden consultar os requisitos e a documentación esixida na orde publicada no DOG. Ademais poderán acceder ás estratexias dos GALP e aos modelos de memoria para a presentación de proxectos no seguinte enlace
No caso de entidades públicas locais, a presentación das solicitudes realizarase unicamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.es
No resto dos casos, as solicitudes deberán presentarse preferiblemente deste xeito. Opcionalmente, tamén se poderán presentar en soporte papel no rexistro de cada un dos GALP.

24 de febreiro de 2016

A Presidenta do GALP Golfo Ártabro Norte asina o Convenio de Colaboración coa Consellería do Mar para implementación da Estratexia que se implementara no período 2016-2020

Na Cidade da Cultura no Auditorio 2 Edificio CINC, asinouse onte os Convenios de Colaboración entre a Consellería do Mar e os Grupos de Acción Local do Sector Pesqueiro para a implementación das Estratexias aprobadas.

Neste acto, os Presidentes dos GALP´S e Conselleira do Mar Dna Rosa Quintana, asinaron os Convenios de colaboración, o GALP Golfo Ártabro Norte, estivo representado pola nosa Presidenta Dna. María José Crespo Fraga, Patroa Maior da Confraría de Miño.

Tamén asistiron a este acto por parte do GALP Golfo Ártabro Norte, o seu Vicepresidente D. Cesar Longo Queijo, alcalde de Paderne, a Secretaria, Dna. María Jesús López Iglesias, Vicepatroa da Confraría de Pontedeume, e o Tesoreiro, Carlos Rey Puentes, Patrón Maior da Confraría de Pescadores Barallobre e a Vocal da Xunta Directiva, Dna. Isabel Maroño Vázquez, Patroa Maior da Confraría de Pescadores de Ferrol.

Na súa intervención María José, amosou as liñas xerais da estratexia do GALP Golfo Ártabro Norte, e importancia que terá estes fondos para o territorio, desexando que se presenten moitos proxectos que seren emprego en nosos Concellos e serva para un desenvolvemento sostible do noso territorio.