Catálogo interactivo das ameixas do Golfo Ártabro, onde poderás coñecer os diferentes tipos fina babosa bicuda xapónica e rubia, e unhas receitas de como comelas (á mariñeira, con fabas, con peixe, ao natural....).
Tamén, se queres achegarte ou chamar a algunha das 6 confrarías deste ámbito territorio, podes ver os enderezos, teléfonos, mail...de cada unha delas.
Confraría de Pescadores de Miño
Confraría de Pescadores de Pontedeume
Confraría de Pescadores de Ares
Confraría de Pescadores de Mugardos
Confraría de Pescadores de Barallobre
Confraría de Pescadores de Ferrol
Este catálogo estívose presentando nas xornadas de promoción das diferentes "ameixas" levadas a cabo en Miño, Barallobre (Fene), Mugardos e Ferrol.
Actividade incluída dentro das actividades de animación do GALP GOLFO Artabro NORTE financiadas co Programa FEMP, e que ten como un dos seus obxectivos dar maior visibilidade e recoñecemento ao traballo das 6 cofradías de pescadores que temos no territorio; así como o apoio e promoción do seu produto.
Ningún comentario:
Publicar un comentario