27 de maio de 2021

AS VISITAS E ENCONTROS MARCAN A RECTA FINAL DO RELEVO2020

 O proxecto de colaboración RELEVO 2020 é unha iniciativa de carácter formativo promovida por cinco dos oito Grupos de Acción Local do Sector Pesqueiro que hai en Galicia. O GALP Golfo Ártabro Norte participa neste proxecto de cooperación.

O programa de capacitación en busca do relevo xeracional no sector pesqueiro está chegando á súa fin e faino con encontros empresariais e visitas como protagonistas.

O pasado martes día 25 de maio, o alumnado deste segunda edición estivo compartindo xornada na zona de Arousa, concretamente en Rianxo co alumnado dos demais territorios GALP participantes e con persoas de diferentes entidades que colaboran na iniciativa.


A xornada transcurriu cun encontro de mañá coas empresas de turismo activo e educación ambiental Intramar e Piragüílla Ocio e Aventura para dar paso en turno de tarde ao Consello Regulador Mexillón de Galicia, Aspromeri (asociación bateeira local) e Gastrolab Arousa. O grupo de participantes, moitos deles traballadores, emprendedores e con ideas de emprendemento, compartiu curiosidades, dúbidas e inquietudes cos ponentes.

Ademais mantivéronse encontros coa bióloga da confraría de Miño, coa xerente de Artesanía de Galicia e visitáronse as empresas After surf en Oleiros, a Estación biolóxica de A Graña en Ferrol e outras, a petición do alumnado, como o grupo familiar J.J. Chicolino, en relación ao uso de redes para darlles unha segunda vida.

As sesións presenciais do programa finalizarán esta mesma semana e para rematar as actuacións previstas está pendente unha visita á Escola Náutica de Ferrol que terá lugar o vindeiro día 1 de xuño en horario de mañá e na que compartiremos xornada novamente co alumnado dos GALP A Mariña Ortegal e GALP Golfo Ártabro Sur.

 

Ningún comentario:

Publicar un comentario