28 de xaneiro de 2019

Segundo Obradoiro para o desenvolvemento de iniciativas de emprendemento e oportunidades de financiación


Tes unha idea na cabeza? Axudámosche a poñerlle forma. O vindeiro mércores 06 de febreiro convidámosche a asistir a un obradoiro no que se expoñerán os requisitos para acceder ás axudas para a creación ou ampliación de negocio do GALP Golfo Ártabro Norte.

Cubre o seguinte formulario para inscribirte: Formulario de inscrición

Evento dirixido a persoas con inquietude por emprender ou ampliar os seus negocios.

O vindeiro mércores 6 de febreiro de 2019 ás 18:00h, no Café Teatro (Pazo da Cultura) de Narón terá lugar unha nova xornada dedicada a salientar as oportunidades que o Grupo de Acción Local do Sector Pesqueiro Golfo Ártabro Norte brinda para a creación ou ampliación de negocios no territorio. 


Para elo organiza un obradoiro gratuíto no que as persoas participantes poderán coñecer oportunidades de negocio e desenvolvemento territorial financiables ao abeiro desta convocatoria de axudas, aberta ata o vindeiro 1 de marzo, froito dun estudo previo no que se consultou a diversas entidades e organismos do territorio relacionados cos tres ámbitos de actuación fundamental recollidos na EDLP do GALP: o sector pesqueiro, actividades náuticas e turismo. 

Ademais, contarase coa presencia de outras empresas e entidades beneficiarias destas axudas, tanto no propio territorio como no de outros GALP da costa galega.

Nesta xornada orientarase sobre oportunidades de negocio e desenvolvemento territorial financiables polo GALP Golfo Ártabro Norte, e estudaranse casos de éxito levados a cabo coas axudas dos GALP. Deste xeito preténdese mellorar a competitividade do sector empresarial e buscar novas alternativas de desenvolvemento do territorio, para así motivar a retención de talento e o crecemento sostible.

O evento contará tamén cun obradoiro que servirá para orientar ás persoas interesadas nos procesos de solicitude e das axudas financeiras que poden ter ao seu alcance.

A actividade rematará cunha degustación de produtos do mar co obxectivo de crear unha rede de contactos entre as persoas participantes.

PROGRAMA:
18:00– O GALP Golfo Ártabro Norte, un abano de posibilidades para o emprendemento.
18:30 – Oportunidades de negocio no marco do GALP Golfo Ártabro Norte
19:00 – Pechakucha - Casos de éxito a partir das axudas dos GALP
20:00 – Como e quen pode solicitar unha axuda para o seu negocio?
20:30 – Pincho mariñeiro e networking.

11 de xaneiro de 2019

Impulsando o emprendemento dende o GALP Golfo Ártabro Norte






O xoves 10 de xaneiro, nas instalacións da Casa do Pescador de Miño tivo lugar un obradoiro que se dividiu en 3 broques de contidos dedicados a promover o desenvolvemento empresarial nos concellos que forman parte do GALP Golfo Ártabro Norte (Ares, Cabanas, Fene, Ferrol, Miño, Mugardos, Narón, Neda, Paderne e Pontedeume).







Na primeira parte, a xerente do GALP Golfo Ártabro Norte, María Antonia Fernández Abeledo, e o seu presidente, José Manuel Fernández Lage (Patrón Maior da Confraría de Pescadors de Miño) presentaron o programa de axudas que este organismo outorga e animaron a todas as persoas con unha idea para a creación ou ampliación de negocio, a solicitar información poñéndose en contacto directo para recibir orientación sobre como poder ser beneficiarios destas subvencións.

A xornada continuou impulsando o emprendemento. Para elo, entidades deste e doutros GALP que xa se beneficiaron destas axudas, presentaron os seus proxectos e animaron ás persoas asistentes a desenvolver as súas ideas.

O primeiro emprendedor en presentar o seu proxecto foi Patrik Vilán que rexenta Caión Surf House. A súa intervención foi seguida pola de Julio Rañales, quen explicou as melloras que o Club de Remo de Ares conseguiu cunha financiación do 95% do importe solicitado. A Confraría de Ferrol tamén expuxo os dous proxectos para os que recibiu finanzamento, unha lancha para a vixilancia e a mellora das súas instalacións para diversificación da súa actividade e ampliación de liñas de negocio. Inma Sánchez achegou a súa experiencia como emprendedora a través da Cantina Río Covés. Así tamén José Manuel Pantín mostrou as melloras que puido realizar no Hostal La Terraza de Miño grazas a ter tomado a axuda do GALP. Pablo, un dos promotores da empresa Mar Mar Outdoor, pechou este bloque repasando o material adquirido para a súa empresa de turismo activo.

Foi Jacobo Suárez, CEO da empresa GOODLIFE Factory quen fixo a última intervención como experto na xestión deste tipo de axudas e tamén como emprendedor. Neste bloque mostráronse as particularidades da documentación a cumplimentar para ser beneficiario das subvencións dos GALP.

A xornada rematou cunha ronda de preguntas e un networking amenizado cun pincho mariñeiro onde as persoas asistentes mostraron as súas inquietudes e a súa intención de facer medrar o tecido empresarial do territorio.  



7 de xaneiro de 2019

Nova data para o obradoiro de Desenvolvemento de Iniciativas de Emprendemento e Oportunidades de Financiamento

O vindeiro xoves 10 de xaneiro de 2019 ás 18:00h, na Casa do Pescador de Miño terá lugar unha xornada dedicada a salientar as oportunidades que o Grupo de Acción Local do Sector Pesqueiro brinda para a creación ou ampliación de negocios no territorio.

Para elo organiza un obradoiro gratuíto no que as persoas participantes poderán ademais coñecer outras entidades que xa están a desfrutar destas axudas, tanto no propio territorio como no de outros GALP da costa galega. 

As persoas interesadas en asistir poderán inscribirse na seguinte ligazón: http://bit.ly/GALPObradoiro 


Nesta xornada estudaranse casos de éxito levados a cabo coas axudas dos GALP. Deste xeito preténdese mellorar a competitividade do sector empresarial e buscar novas alternativas de explotación reproducibles no territorio para así motivar a retención de talento e o crecemento sostible do territorio.

O evento contará tamén cun obradoiro que servirá para orientar ás persoas interesadas nos procesos de solicitude e das axudas financeiras que poden ter ao seu alcance. 

A actividade rematará cunha degustación de produtos do mar co obxectivo de crear unha rede de contactos entre as persoas participantes. 

PROGRAMA:

18:00 – O GALP Golfo Ártabro Norte, un abano de posibilidades para o emprendemento.
18:30 – Pechakucha - Casos de éxito a partir das axudas dos GALP
19:30 – Como e quen pode solicitar unha axuda para o seu negocio?
20:00 – Pincho mariñeiro e networking