Os premios Economía Azul recoñecerán os mellores proxectos de desenvolvemento sustentable nas zonas costeiras
Distinguiranse as mellores iniciativas postas en marcha no marco da convocatoria de 2016 das axudas para proxectos dos grupos de acción local do sector pesqueiro
Estes premios van dirixidos aos promotores de proxectos subvencionados ao abeiro das estratexias de desenvolvemento local participativo dos grupos de acción local do sector pesqueiro (GALP). A Consellería do Mar con estes recoñecementos busca visibilizar o traballo destes grupos nas zonas pesqueiras e motivar a potenciais promotores para que presenten proxectos.
Distinguiranse as mellores iniciativas postas en marcha no marco da convocatoria de 2016 das axudas para proxectos dos grupos de acción local do sector pesqueiro
§ Para a elección dos proxectos gañadores haberá unha votación pública do 2 ao 22 de outubro na web https://galp.xunta.gal/
§ Os galardóns serán entregados na cidade da Cultura o próximo 27 de outubro e a través deles búscase visibilizar o traballo destes grupos nas zonas pesqueiras e motivar a potenciais promotores para que presenten proxectos
Os finalistas desta primeira edición son:
Ao premio para o mellor proxecto de Apoio á pesca costeira artesanal
1/ Proxecto de cooperación entre os GALP de Arousa, Pontevedra e Vigo para a ‘Mellora da Gobernanza da Xestión Pesqueira Artesanal no ámbito do Parque Nacional Illas Atlánticas’.
2/ Proxecto ‘DESCARPESC’ (GALP Ría de Pontevedra).
3/ Proxecto ‘XESMAR’ (GALP Ría de Arousa).
Ao premio para o mellor proxecto de creación de emprego:
1/ Proxecto ‘EMPENDEMAR’ (GALP Ría de Arousa).
1/ Proxecto ‘EMPENDEMAR’ (GALP Ría de Arousa).
2/ Proxecto para desenvolver unha ‘Nova liña de fabricación para os produtos procedentes da pesca artesanal’ (GALP Ría de Pontevedra).
3/ ‘O Semáforo de Fisterra’ (GALP Seo de Fisterra-Ría de Muros-Noia).
Ao Premio para o mellor proxecto de diversificación
1/ ‘Turismo industrial na Costa da Morte’ (GALP Costa da Morte).
2/ ‘Lonxanatur’ (GALP Ría de Arousa).
3/ ‘Nigrán, Mar de Sabores’ (GALP Ría de Vigo-A Guarda).
Ao Premio para o Mellor Proxecto de Innovación local
1/ ‘Fabricación, distribución e venda de Bombóns do Mar’ (GALP A Mariña-Ortegal).
2/ Xestión das algas recollidas nas accións de limpeza e mantemento dos bancos marisqueiros, (GALP Ría de Vigo-A Guarda).
3/ Mellora da rede de varamentos 2016, (GALP Ría de Vigo-A Guarda).
Ningún comentario:
Publicar un comentario