O Grupo de Acción Local Golfo Ártabro Norte, invita a tódalas entidades interesadas e persoas do territorio o vindeiro xoves 22 de outubro ás 18:00 na Casa do Pescador de Miño, sita na Rúa do Curro nº33 xunto o Cuartel da Garda Civil de Miño. para participar no desenvolvemento da Estratexia de Desenvolvemento Participativo para o territorio 2014-2020 que será financiado polo Fondo Europeo Marítimo Pesqueiro.
A estratexia de desenvolvemento participativo será a guía de desenvolvemento do noso territorio para os vindeiro período 2014-2020 en canto a todo relacionado coa pesca, o marisqueo, o turismos e medio ambiente, e patrimonio cultural mariñeiro, así como para xeración de emprego para as comunidades costeiras do territorio Galp Golfo Ártabro Norte, que vai dende Narón a Paderne.
Vén e Participa!!!!!
Enviar correo electrónico a galpgolfoartabronorte@gmail.com para confirmar asistencia.
Ningún comentario:
Publicar un comentario