A memoria viva dos proxectos, das persoas e do mar do noso territorio. Un espazo onde compartimos iniciativas, experiencias e actuacións que contribúen ao desenvolvemento sostible do sector pesqueiro e do litoral do Golfo Ártabro Norte.
2 de novembro de 2016
Axudas Programa FEMP 2014-2020 para o territorio do GALP GOLFO ÁRTABRO NORTE
Aberto prazo presentación de solicitudes !!!!
Infórmate dos requisitos e trámites no 981 784 417 ou ben envía un mail a galpgolfoartabronorte@gmail.com
28 de outubro de 2016
25 de outubro de 2016
Xornada de difusión axudas ao sector pesqueiro e acuícula da Consellería do Mar
Axudas ao sector pesqueiro e acuícola.
Xornada de Difusión destas axudas o mércores día 26 de outubro ás 12 horas na sede do GALP GOLFO Artabro NORTE (Casa do Pescador, Rúa Curro, nº 33 15630 Miño - A Coruña).
Esta xornada impartida por persoal técnico da Fundación Fundamar consistirá en trasladar, mediante unha presentación, as liñas fundamentais das axudas para que o sector as coñeza.
Esta presentación terá unha duración dunha hora ou hora e media como máximo, na que se exporán as 8 liñas de axudas ás que se pode optar este ano:
® Axudas a tripulantes de buques pesqueiros.
® Axuda a Pemes do sector transformador.
® Axudas a propietarios de buques pesqueiros.
® Axudas a profesionais do sector acuícola:
o Subvencións para investimentos produtivos en acuicultura.
o Subvencións para o incremento da eficiencia enerxética e o fomento da reconversión das empresas acuícolas a fontes de enerxía renovables.
o Subvencións para investimentos que potencien os efectos positivos no medio ambiente, a eficiencia dos recursos e a redución do uso da auga e químicos.
o Subvencións para a obtención de servizos de asesoramento de carácter técnico, científico, xurídico, ambiental ou económico no ámbito da acuicultura.
o Subvencións relativas ao fomento de novas empresas acuícolas que practiquen unha acuicultura sostible.
20 de outubro de 2016
SEMINARIO TRANSNACIONAL PARA GALPs
A temática do seminario e "impulsar o negocio ao longo da cadea de suministro da pesca" e está deseñado para equipar aos grupos de acción local coas ferramentas para axudar aos actores locais que aproveiten as oportunidades. Este seminario está centrado nas tendencias e na apertura de novos mercados para os produtos do mar locais.
Para máis información preme no seguinte enlance FARNET
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)





