26 de outubro de 2017



Boletin nº 8 da Red Española de Grupos de Pesca



A través das diferentes seccións, ponse en valor e dáse a coñecer os avances do desenrolo local participativo e a enorme labor que levan a cabo os GALP nas diferentes zonas de actuación.



http://regp.tragsatec.es/Temp/Bolet%C3%ADn%20En%20Red%20-%20N%C3%BAmero%208,%202017.pdf

24 de outubro de 2017

Programas de acompañamento a mulleres no territorio do GALP Golfo Ártabro Norte. CANDIEIRA




luns e martes 30 e 31 de outubro arrancan os programas de acompañamento a mulleres do mar do proxecto Candieira:

1.      Programa EMBARCA, dirixido a promover iniciativas e proxectos de turismo mariñeiro e programas divulgativos.
2.      Programa ALIADAS, centrado en potenciar os lazos asociativos entre as mulleres desta área e mellorar as súas habilidades sociais e comunicativas. Tamén se traballará no deseño e posta en marcha de posibles proxectos e iniciativas concretas que se poidan realizar de maneira conxunta.

O programa EMBARCA terá a súa primeira sesión o día 30 ás 16.30 horas na Casa do Pescador na rúa do Curro, 33 en Miño. A duración estimada é de 4 horas.

O programa ALIADAS terá a súa primeira sesión o día 31 ás 16:30 horas na Casa do Pescador na rúa do Curro, 33 en Miño. A duración estimada é de 4 horas.

Máis información na páxina web do proxecto

Para confirmar a presenza ás sesións podes facelo a través das seguintes vías:
·         Mediante correo electrónico a: candieira@candieira.net.
·         Chamando ao teléfono 670450822.
·         A través do enlace da páxina web: http://candieira.net/informacion-xeral#calendario

16 de outubro de 2017

Tres proxectos do alumnado de Fene, Ares e Pontedeume, seleccionados para o programa Vidas Mariñeiras 2017


                                     Descargando sal, peirao de Ares. Fotografía achegada polo CPI As Mirandas.
O CPI A Xunqueira (Fene), o CPI As Mirandas (Ares) e o IES Breamo (Pontedeume) son os tres centros de ensino público cuxos proxectos audiovisuais inaugurarán o programa formativo Vidas Mariñeiras 2017, que dá comezo este mesmo mes de outubro coordinado polo GALP Golfo Ártabro Norte e que conta coa axuda dos fondos europeos FEMP 2014-2020 para o seu desenvolvemento
En «De corazón, mariñeiro» atoparemos a Vituco, experimentado científico e submarinista que se considera a si mesmo un mariñeiro máis. Percorreremos o curso do Eume até a súa desembocadura no océano Atlántico, atentos a como as augas configuran a paisaxe e os nosos propios hábitos («Entre dúas augas: o Eume e o mar»). Haberá tempo tamén para a reflexión histórica sobre o rol das mulleres na vila mariñeira de Ares ao longo do século XX («Marea de mulleres»). Esta é unha pequena e suxerente mostra do que nos deparan os proxectos que veñen de presentar os alumnas e alumnas dos centros seleccionados para participar en Vidas Mariñeiras 2017, que entre os meses de outubro e decembro deste ano achegará ás aulas un programa de formación audiovisual que dará como resultado senllas curtametraxes realizadas polo alumnado.
O programa foi recibido con moito interese polos centros de ensino da contorna do Grupo de Acción Local do Sector Pesqueiro (GALP) Golfo Ártabro Norte, e moitos deles coordinaron grupos de alumnas e alumnos para presentar un proxecto ao concurso publicado nesta mesma web o pasado mes de setembro. Porén, nesta primeira edición os coordinadores do programa limitáronse a tres proxectos para garantir unha formación de calidade e personalizada de cada grupo participante.
O alumnado recibirá unha formación práctica e teórica básica que lle permitirá desenvolver con autonomía todas as fases de produción dun filme, desde a primeira escaleta até as correccións de cor e masterizado das pezas resultantes. Estas tres curtametraxes, ademais, poderán verse no mes de decembro nun pase aberto ao público nos Cines Duplex de Ferrol, e xa en xaneiro de 2018 na filmoteca galega, o Centro Galego de Artes da Imaxe (CGAI, A Coruña).
http://vidasmarineiras.gal/

2 de outubro de 2017

I Premios Economía Azul. Un mar de iniciativas para Galicia

Os premios Economía Azul recoñecerán os mellores proxectos de desenvolvemento sustentable nas zonas costeiras
Distinguiranse as mellores iniciativas postas en marcha no marco da convocatoria de 2016 das axudas para proxectos dos grupos de acción local do sector pesqueiro
Estes premios van dirixidos aos promotores de proxectos subvencionados ao abeiro das estratexias de desenvolvemento local participativo dos grupos de acción local do sector pesqueiro (GALP). A Consellería do Mar con estes recoñecementos busca visibilizar o traballo destes grupos nas zonas pesqueiras e motivar a potenciais promotores para que presenten proxectos.
Distinguiranse as mellores iniciativas postas en marcha no marco da convocatoria de 2016 das axudas para proxectos dos grupos de acción local do sector pesqueiro
§  Para a elección dos proxectos gañadores haberá unha votación pública do 2 ao 22 de outubro na web https://galp.xunta.gal/ 
§  Os galardóns serán entregados na cidade da Cultura o próximo 27 de outubro e a través deles búscase visibilizar o traballo destes grupos nas zonas pesqueiras e motivar a potenciais promotores para que presenten proxectos
Os finalistas desta primeira edición son:
Ao premio para o mellor proxecto de Apoio á pesca costeira artesanal
1/ Proxecto de cooperación entre os GALP de Arousa, Pontevedra e Vigo para a ‘Mellora da Gobernanza da Xestión Pesqueira Artesanal no ámbito do Parque Nacional Illas Atlánticas’.
2/ Proxecto ‘DESCARPESC’ (GALP Ría de Pontevedra).
3/ Proxecto ‘XESMAR’ (GALP Ría de Arousa).
Ao premio para o mellor proxecto de creación de emprego:

1/ Proxecto ‘EMPENDEMAR’ (GALP Ría de Arousa).
2/ Proxecto para desenvolver unha ‘Nova liña de fabricación para os produtos procedentes da pesca artesanal’ (GALP Ría de Pontevedra).
3/ ‘O Semáforo de Fisterra’ (GALP Seo de Fisterra-Ría de Muros-Noia).
 Ao Premio para o mellor proxecto de diversificación
1/ ‘Turismo industrial na Costa da Morte’ (GALP Costa da Morte).
2/ ‘Lonxanatur’ (GALP Ría de Arousa).
3/ ‘Nigrán, Mar de Sabores’ (GALP Ría de Vigo-A Guarda).
Ao Premio para o Mellor Proxecto de Innovación local
1/ ‘Fabricación, distribución e venda de Bombóns do Mar’ (GALP A Mariña-Ortegal).
2/ Xestión das algas recollidas nas accións de limpeza e mantemento dos bancos marisqueiros, (GALP Ría de Vigo-A Guarda).
3/ Mellora da rede de varamentos 2016, (GALP Ría de Vigo-A Guarda).