7 de xullo de 2017

Presentación pública proxecto de cooperación interterritorial "Galicia Norte. Mares de Experiencias"










Os Grupos de Acción Local do Sector Pesqueiro Golfo Ártabro Norte e A Mariña-Ortegal, presentaron onte na Casa da Cultura de Valdoviño o proxecto de cooperación interterritorial de turismo mariñeiro "Galicia Norte. Mares de Experiencias".
Este proxecto pretende dinamizar a economía da costa norte de Galicia.
A presentación correu a cargo de María José Crespo Fraga, presidenta do GALP Golfo Ártabro Norte e patroa maior da Confraría de Miño; Alfredo Llano García, vicepresidente do GALP A Mariña-Ortegal e alcalde de Burela; Paloma Vázquez Fernández, xefa da área provincial de Turismo de Galicia en Lugo; e o alcalde de Valdoviño, Alberto González Fernández, que exerceu de anfitrión.
Esta colaboración dará como resultado o desenrolo e a promoción de rutas e experiencias turísticas para a posta en valor do patrimonio natural e cultural dos 23 concellos nos que actúan, que van dende Ribadeo ata Paderne. Esta iniciativa comeza neste mes de xullo e se desenrolará ao longo das próximas semanas ata finais de outubro.
A promoción dun único territorio sen fronteiras na costa máis septentrional de Galicia permitirá focalizar mellor os atractivos turísticos máis relevantes e favorecer as estadías máis longas aos viaxeiros, o que incrementará o volumen de ingresos para a población.
Os GALPs realizarán cinco xornadas de difusión entre a poboación para explicar as vantaxes do turismo mariñeiro. 
Realizaranse 18 sesións formativas e 5 prácticas que se impartirán sobre a creación de empresas e o deseño de actividades turísticas vinculadas ao patrimonio marítimo do territorio. 
A presidenta do GALP Golfo Ártabro Norte manifestou que un dos obxetivos principais do proxecto e desestacionalizar o turismo na zona, indicando que o "turismo mariñeiro ten que ser para o verán e o inverno".

Ningún comentario:

Publicar un comentario