12 de decembro de 2016

Presentación pública video promocional do GALP GOLFO ÁRTABRO NORTE

Presentación pública video promocional e divulgativo do Galp Golfo Ártabro Norte elaborado por Mandeo Records o xoves día 15 de decembro de 2016 ás 19 horas na Escola de Hostalaría de Pontedeume




29 de novembro de 2016

Se tes unha idea ou proxecto que queiras levar a cabo no noso territorio, esta pode ser a túa oportunidade para facelo realidade coas axudas dos fondos europeos do Programa Femp 2014-2020



2 de novembro de 2016

Axudas Programa FEMP 2014-2020 para o territorio do GALP GOLFO ÁRTABRO NORTE


Aberto prazo presentación de solicitudes !!!!

Infórmate dos requisitos e trámites no 981 784 417 ou ben envía un mail a galpgolfoartabronorte@gmail.com




28 de outubro de 2016




Nesta ponte festiva anímate e ven a coñecer os encantos do noso territorio, descubre a natureza, paisaxes, desfruta do mar e dos seus produtos. 

25 de outubro de 2016

Xornada de difusión axudas ao sector pesqueiro e acuícula da Consellería do Mar

Axudas ao sector pesqueiro e acuícola.

Xornada de Difusión destas axudas o mércores día 26 de outubro ás 12 horas na sede do GALP GOLFO Artabro NORTE (Casa do Pescador, Rúa Curro, nº 33 15630 Miño - A Coruña).

Esta xornada impartida por persoal técnico da Fundación Fundamar consistirá en trasladar, mediante unha presentación, as liñas fundamentais das axudas para que o sector as coñeza.

Esta presentación terá unha duración dunha hora ou hora e media como máximo, na que se exporán as 8 liñas de axudas ás que se pode optar este ano:

® Axudas a tripulantes de buques pesqueiros.
® Axuda a Pemes do sector transformador.
® Axudas a propietarios de buques pesqueiros.
® Axudas a profesionais do sector acuícola:

o Subvencións para investimentos produtivos en acuicultura.
o Subvencións para o incremento da eficiencia enerxética e o fomento da reconversión das empresas acuícolas a fontes de enerxía renovables.
o Subvencións para investimentos que potencien os efectos positivos no medio ambiente, a eficiencia dos recursos e a redución do uso da auga e químicos.
o Subvencións para a obtención de servizos de asesoramento de carácter técnico, científico, xurídico, ambiental ou económico no ámbito da acuicultura.
o Subvencións relativas ao fomento de novas empresas acuícolas que practiquen unha acuicultura sostible.


20 de outubro de 2016


SEMINARIO TRANSNACIONAL PARA GALPs

O Galp Golfo Ártabro Norte, representado pola súa xerente, María Antonia Fernández, esta a participar no seminario transnacional  organizado por FARNET en Tesalónica (Grecia). 

A temática do seminario e "impulsar o negocio ao longo da cadea de suministro da pesca" e está deseñado para equipar aos grupos de acción local coas ferramentas para axudar aos actores locais que aproveiten as oportunidades. Este seminario está centrado nas tendencias e na apertura de novos mercados para os produtos do mar locais.

Para máis información preme no seguinte enlance FARNET


14 de outubro de 2016


Gracias a todas as persoas e entidades que participaron e asistiron ás primeiras Xornadas de Divulgación das Axudas do Programa Femp 2014-2020. GALP GOLFO ÁRTABRO NORTE

7 de outubro de 2016

Coñece as axudas do Programa FEMP 2014-2020 para o territorio neste mes de outubro



Continuando coas Xornadas de Divulgación de subvencións do Programa FEMP 2014-2020 para o territorio do Galp Golfo Ártabro Norte, informar que neste mes de outubro estaremos en:

Martes 11 ás 19.30 horas no Salón de Plenos do Concello de Cabanas

Xoves 13 ás 20.00 horas na Casa do Concello de Paderne

Se tes unha idea ou un proxecto que queiras levar a cabo neste territorio, esta pode ser a túa oportunidade para poder facelo realidade coa axuda dos fondos europeos do Programa FEMP 2014-2020.

Tamén podes informarte deste tipo de axudas na Casa do Pescador en Miño, sede do Galp Golfo Ártabro Norte.

3 de outubro de 2016

Xornada divulgativa Axudas Programa FEMP 2014-2020 en Fene








Hoxe ás 20 horas estaremos na Casa da Cultura do Concello de Fene, dando a coñecer o Grupo de Acción Local do Sector Pesqueiro "Golfo Ártabro Norte" no territorio, así como as axudas do Programa FEMP 2014-2020.

Infórmate desta nova liña de axudas para o territorio!!!!

29 de setembro de 2016

Xornada Divulgativa axudas Programa FEMP 2014-2020 en Neda


Hoxe 29 de setembro ás 19.30 horas estaremos na Casa das Palmeiras no Concello de Neda, informando das Axudas do Programa FEMP 2014-2020 do GALP GOLFO Artabro NORTE
Se tes algunha idea e/ou proxecto e precisas financiamento esta pode ser a túa oportunidade!!!
Ven a Neda e infórmate de primeira man.
Xa temos aberto o prazo de presentación de solicitudes!!!!




19 de setembro de 2016

Calendario Xornadas de Divulgación Axudas Femp 2014-2020. Golfo Ártabro Norte

Esta semana estaremos dando a coñecer o Galp Golfo Ártabro Norte e as Axudas do Programa Femp 2014-2020 en:

- Mércores 21 de setembro. Concello de Pontedeume. 20 horas
- Xoves 22 de setembro. Concello de Narón. 20.30 horas


16 de setembro de 2016

Xornadas Divulgación Axudas Femp 2014-2020. Cambio de data da xornada do Concello de Ares

Cambio de data na charla informativa do Programa de Axudas FEMP 2014-2020 no Concello de Ares:

Será o MARTES 27 DE SETEMBRO ÁS 19.30 HORAS.

Disculpen as molestias ocasionadas por este cambio de data.

12 de setembro de 2016

Xornadas Divulgación Axudas FEMP 2014-2020. Golfo Ártabro Norte


O próximo día 15 de setembro ás 20:30 horas no Salón de Plenos do Concello de Mugardos (Avda. de Galicia, 45) está prevista a celebración dunha reunión informativa do Grupo de Acción Local do Sector Pesqueiro Golfo Ártabro Norte.

Máis información na páxina web do Concello de Mugardos

CONCELLO DE MUGARDOS

7 de setembro de 2016

Calendario Charlas informátivas Axudas Programa FEMP 2014-2020

Se estás interesado/a a asistir a algunha das charlas informativas das axudas do Programa FEMP 2014-2020, non tes máis que chamar ao 981 784 417 ou ben enviar un mail a galpgolfoartabronorte@gmail.com.
Nestas reunións explicaranse polo miúdo quen pode acceder a estas axudas, os requisitos que hai que cumprir, a tipoloxía de proxectos que se poden presentar, a intensidade das axudas que se poden recibir, os trámites a seguir e a documentación a presentar, e os prazos de presentación das mesmas, entre outros.....

CONVIDAMOSTE!!!!!!

PARTICIPA nestas reunión para infórmate de primeira man desta interesante liña de axudas para o territorio do GALP Golfo Ártabro Norte.


8 de agosto de 2016

III Copa Sipre. Campionato Galego de Kaiak de Mar

Esta domingo dia 7 de agosto celebrouse a III Copa Sipre, Campionato Galego de Kaiak de Mar, organizado polo Club Cabanas KDM.

Agradecemos a invitación do Club Cabanas KDM ao Galp Golfo Ártabro Norte para participar no acto de entrega de premios, á que asistiron a Presidenta do Galp María José Crespo e a Xerente Toni Fernández.
Cabanas Kdm Federación Galega de Piragüismo;

2 de agosto de 2016

8 de xullo de 2016

Aberto o prazo de presentación de proxectos no Galp Golfo Ártabro Norte ata o día 9 de xuño

Dende O GALP GOLFO ÁRTABRO NORTE
comunícase que o prazo para a presentación de solicitudes de axudas para proxectos remata o sábado día 9 (día non laboral no GALP).
Co fin de facilitar o procedemento o Equipo Técnico do Grupo estará na sede da CONFRARÍA DE PESCADORES DE MIÑO (PORTO, S/N) este sábado en horario de 09:00 a 14:00h.

21 de xuño de 2016

Aberto o prazo ata o 9 de xullo: Presentación subvencións a proxectos promovidos polos Grupos de Acción Local do Sector Pesqueiro (GALP)

O pasado día 9 de xuño ten saído publicado no Diario Oficial de Galicia a orde que establece as bases reguladoras das subvencións a proxectos promovidos polos Grupos de Acción Local do sector Pesqueiro (GALP) e a súa convocatoria para o presente ano.

Para este ano 2016 o prazo de presentación de solicitudes de axudas remata o día 9 de xullo, polo que, si a súa entidade, concello e/ou confraría está interesada en presentar algún proxecto no territorio do GALP Golfo Ártabro NORTE, poden chamar ao teléfono 699106156 
A orde ten por obxecto regular as axudas a proxectos que presenten empresas, entidades representativas do sector pesqueiro, entidades públicas locais e asociacións declaradas de utilidade pública e outras entidades sen ánimo de lucro. 
Así, ao abeiro desta convocatoria de subvencións, poderanse por en marcha iniciativas que contribúan á creación de empresas e xeración de emprego nas zonas costeiras, a aumentar o valor dos produtos da pesca e da acuicultura ao reforzo do papel das comunidades pesqueiras no desenvolvemento local e da gobernanza dos recursos pesqueiros e actividades marítimas locais. Ademais tamén serán subvencionables aqueles proxectos que fomenten a diversificación do sector –como pode ser o caso do turismo mariñeiro- e a conservación e valorización do patrimonio natural e cultural marítimo-pesqueiro.
A orde establece que os proxectos que se presenten poden ser “produtivos” e “non produtivos”. Os “produtivos” enfócanse como iniciativas que deben favorecer unha actividade de lucro potencial para promotor e os “non produtivos” son aqueles que non supoñen o inicio ou desenvolvemento dunha actividade económica.
Os interesados en presentar as solicitudes poden consultar os requisitos e a documentación esixida na orde publicada no DOG. Ademais poderán acceder ás estratexias dos GALP e aos modelos de memoria para a presentación de proxectos no seguinte enlace
No caso de entidades públicas locais, a presentación das solicitudes realizarase unicamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.es
No resto dos casos, as solicitudes deberán presentarse preferiblemente deste xeito. Opcionalmente, tamén se poderán presentar en soporte papel no rexistro de cada un dos GALP.

24 de febreiro de 2016

A Presidenta do GALP Golfo Ártabro Norte asina o Convenio de Colaboración coa Consellería do Mar para implementación da Estratexia que se implementara no período 2016-2020

Na Cidade da Cultura no Auditorio 2 Edificio CINC, asinouse onte os Convenios de Colaboración entre a Consellería do Mar e os Grupos de Acción Local do Sector Pesqueiro para a implementación das Estratexias aprobadas.

Neste acto, os Presidentes dos GALP´S e Conselleira do Mar Dna Rosa Quintana, asinaron os Convenios de colaboración, o GALP Golfo Ártabro Norte, estivo representado pola nosa Presidenta Dna. María José Crespo Fraga, Patroa Maior da Confraría de Miño.

Tamén asistiron a este acto por parte do GALP Golfo Ártabro Norte, o seu Vicepresidente D. Cesar Longo Queijo, alcalde de Paderne, a Secretaria, Dna. María Jesús López Iglesias, Vicepatroa da Confraría de Pontedeume, e o Tesoreiro, Carlos Rey Puentes, Patrón Maior da Confraría de Pescadores Barallobre e a Vocal da Xunta Directiva, Dna. Isabel Maroño Vázquez, Patroa Maior da Confraría de Pescadores de Ferrol.

Na súa intervención María José, amosou as liñas xerais da estratexia do GALP Golfo Ártabro Norte, e importancia que terá estes fondos para o territorio, desexando que se presenten moitos proxectos que seren emprego en nosos Concellos e serva para un desenvolvemento sostible do noso territorio.


22 de febreiro de 2016

OS GRUPOS DE ACCIÓN LOCAL DO SECTOR PESQUEIRO ASINANARÁN O CONVENIO DE COLABORACIÓN COA CONSELLERIA DO MAR

Na Cidade da Cultura no Auditorio 2 Edificio CINC, asinarase mañá os Convenios de Colaboración entre a Consellería do Mar e os Grupos de Acción Local do Sector Pesqueiro para a implementación das Estratexias aprobadas.

Neste acto, os Presidentes dos GALP´S e Conselleira do Mar Dna Rosa Quintana, asinarán os Convenios de colaboración, o GALP Golfo Ártabro Norte, estará representado pola súa Presidenta Dna. María José Crespo Fraga, Patroa Maior da Confraría de Miño.

Tamén confirmaron asistencia a este acto por parte do GALP Golfo Ártabro Norte, o seu Vicepresidente D. Cesar Longo Queijo, alcalde de Paderne, a Secretaria, Dna. María Jesús López Iglesias, Vicepatroa da Confraría de Pontedeume, e o Tesoreiro, Carlos Rey Puentes, Patrón Maior da Confraría de Pescadores Barallobre e a Vocal da Xunta Directiva, Dna. Isabel Maroño Vázquez, Patroa Maior da Confraría de Pescadores de Ferrol.